Hai dous meses, Nao presentou novo material. Dous EPs, Soñar e Crear, que supoñen probablemente o penúltimo paso polos estudios da banda da Estrada, inmersa na derradeira etapa da súa prolífica historia. Afortunadamente, haberá moitas ocasións de ollalos ao vivo este verán. A primeira, este sábado 8 en Ordes, no Xiana Festival, e posteriormente o 24 de xullo, por partida dobre -á tarde e mais á noite- dentro dos distintos actos que se organizan en Compostela polo Día da Patria. Mentres facedes tempos por estes concertos, non deixedes de escoitar os novos discos e ler a nosa crítica.

 Soñar e Crear.  Dous EPs que malia ser presentados conxuntamente son traballos diferenciados. Supoñen os pasos 3 e 2 nesa conta atrás que a banda comezou hai agora un ano, cando anunciou o inicio da derradeira etapa da banda, camiño dunha fin que non ten aínda data fixada mais que virá despois da publicación do vindeiro disco, que será aparentemente o derradeiro,  a última vez que Nao pase por un estudio de gravación. Precisamente nesta etapa que abriron o ano pasado,  camiño da “Apocalipse Nao”, é cando o grupo está a ter máis recoñecemento entre o público galego. Tanto en salas coma en festivais Nao arrastra cada vez máis xente –e xente ademais moi nova- e tamén na rede os seus temas contan con milleiros de reproducións nas principais plataformas. Para calquera banda isto podería ser tentación abonda para adiar ese remate prefixado, mais semella que desafortunadamante isto non vai acontecer con Nao. Téñeno dito en máis dunha ocasión. De seguiren, só o farían se puidesen estar ao mesmo nivel que a banda vén traballando nestes dez anos de andaina e é moi complexo manter o nivel de esixencia que supón un proxecto coma o de Nao, absolutamente profesional en todos os sentidos –calidade, ensaios, xiras, gravacións, etc- mais que non é o modo de vida dos seus integrantes, que teñen outros traballos e unhas familias que sofren as consecuencias desta duplicidade laboral.

Os dous novos EPs foron publicados no mes de abril, os martes 19 e 26, e automaticamente dispoñibilizados para descarga de balde na rede (LINK). Trátase de dous feixes de cinco cancións. 

Foron gravadas en Pousada Son –no caso de Soñar-, o estudio habitual de Nao e con Iago Dopico de produtor. Gravar en Pousada para eles é gravar na casa. Os da Estrada acadaron o seu son de vez da man de Dopico e as contundentes Voltaremos e Bonito funeral son boa mostra disto. Para gravar o segundo EP, o grupo viaxou até Euskal Herria, aos Estudios Garate de Kaki Arakarazo.Aló, nese templo do rock que xa escolleran para a súa estrea discográfica no 2007 As palabras espidas, foron gravados os temas de Crear. Aos integrantes do grupo apetecíalles volver aos estudios vascos para poder exprimir todo o potencial na gravación e produción que ofrecen, cousa que non deran feito de vez no 2007. E fixérono, pois esta presada de cancións soan máis a Nao ca ningunha outra e asemade amplian o abano de estilos en que se move con comodidade a banda. A moi roqueira O sacrificio, a moito máis pausada Coma irmáns, cuns aires folkies  engadidos pola trikitixa ou Somos río, máis ortodoxa, máis metaleira son mostra do que nos ofrece Nao en apenas cinco cancións.

A presentación oficial dos novos traballos encheu a sala Capitol de Compostela de seareiros e seareiras desexosos de gozar coa proposta dos estradenses. Foi o 13 de maio e despois do paso de Monolious DOP e Poetarras polo escenario, Nao saíron presentar os novos traballos diante do público máis fiel. Acompañados de Navia, Iván Superoito e Rubén como colaboradores para a ocasión, foron debullando os discos diante dunha audiencia entregada. Lembrade que este mesmo sábado 8 de xullo teredes ocasión de volvelos mirar no Xian Festival.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="6303803604776157473"}{/artsexylightbox}

TEXTO E FOTOS: lavesedo

{fcomments} 

Vindeiros concertos

730420884_1337790048570468_6286346550883443914_n.jpg }26 Xun 2026
Festas de Bandourrio
Ribeira
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
712429099_17978966949041555_4653578501519693229_n.jpg }26 Xun 2026
IV Perla Mural Fest
Fene
727834649_3142290562632227_1320068242635876020_n.jpg }26 Xun 2026
Rural Fest 3º Olimpíadas Rurais de Galicia
Praza Andón Cebreiro - Friol
semana-cultural-de-mañufe-gondomar_img46928n1t0.jpg }26 Xun 2026
VI Semana Cultural de Mañufe
Mañufe (Gondomar)
717216102_18360253201237107_7782880981298174567_n.jpg }26 Xun 2026
X Fisterra Experience
Fisterra
727497576_1440025754838127_8851835332231972680_n.jpg }26 Xun 2026
XXXVII Galiziako Eguna
Gasteiz, Araba (Euskal Herria)
728572704_1050167691259547_4562811107141874779_n.jpg }26 Xun 2026
07:00PM -
Festival Fin de Curso Son das Ferriñas
Auditorio Colexio Carmelitas - Vigo
730722992_18433133908133304_6840807100531077879_n.jpg }26 Xun 2026
08:00PM -
Charo Pita & Xoán Curiel
Centro Cívico Sociocultural - A Igrexa, As Somozas (As Somozas)
722910126_27605088499178768_6276005039635756355_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Abiñadoira
Praza Pascual Veiga - Sanxenxo