Mañá sexta feira 2 de febreiro preséntase na Sala Capitol de Santiago de Compostela o primeiro LP desta nova banda do pop galego, Volve a canción protesta. O grupo estará acompañado por bandas amigas da escena galega, coma Atrás Tigre, Ataque Escampe, The Homens ou Familia Caamagno. O novo disco xa está dispoñible en distintas plataformas dixitais. Botámoslle unha escoita neste artigo, para sabermos mañá ben as cancións na Capitol.



Producido e gravado por Hevi Malandrómeda nos composteláns estudos Soyuz, Volve a canción protesta está composto por nove cancións que se moven entre a enerxía new wave do primeiro sinxelo, que leva o título do disco e pecha o álbum, a delicadeza pop de cancións como Familia Política e o punk de Pablo Callejo ou Eiei. De feito, de xuntardes nunha cocteleira as bandas que Oh Ayatollah convidou a tocar uns temas mañá venres na presentación do disco -cargádonlle moito o cóctel de The Homens e Familia Caamagno- e lle botades unha pingas da iconoclasia e o son dos Terbutalina tedes unha aproximación moi boa ao  que fan estes ayatolas.  As letras seguen a ser pura apoloxía da xuventude, o amor e a frustración, sobre a vida entre amigos que nos dan noxo - a tremenda Case todo é o que parece, sen dúbida himno xeracional para millenials amargados- e festas que nos deixan a gorxa desfeita, como en Animal

Moitísima pegada dos The Homens, como dicimos, un gusto polo son por veces sucio e setenteiro moi dos caamagnos, unha actitude punk dos terbutalinos e o asunto é que din eles propios que fan pop, mais se as etiquetas sempre quedan curtas, nunca estivo tan claro como con este traballo.En GZmusica levamos uns días enganchadísimos ás súas cancións -e mira que non somos moi popies-, especialmente a Desaparecer. Tede coidado, en escoitándoa ides quedar ensarillados no efectista retrouso e mais na enerxía positiva que emana e non ides poder parar de a escoitar unha e outra vez. É moi aventurado falar así cando aínda vén de rematar o primeiro mes do ano, pero sen dúbida Volve a canción protesta vai ser un dos discos galegos do 2018. Falta ver como levan o traballo aos directos e canto evoluíu a banda ao vivo desde que os miramos por vez primeira, no Festival do Leite de 2016, pero se dan soado ao vivo coa frescura e calidade que presentan no disco, moito ollo con eles porque van arrasar nos festivais deste verán. A proba de lume será mañá sexta feira na Capitol e por alí andará GZmúsica para ser testemuña do que aconteza. Vai! Avisada quedas, despois poderás dicir que ti estabas alí cando Oh Ayatollah presentou o seu primeiro disco na Capitol.

Paresen bos rapases, pero as apariensias engañan


Biografía

Oh! Ayatollah é un grupo de pop que naceu a finais de 2015 en Santiago de Compostela, da xuntanza de varias persoas que coincidiron estudando nesta cidade, todas cunha semellante sensibilidade no musical e con ganas de pasalo ben tocando. En abril de 2016 sacan a súa primeira referencia, un EP de cinco cancións titulado: "Cancións por se non te quere xa". En novembro dese mesmo ano sae o seu videoclip "Mi Re La" (realizado polos irmáns Miranda), que levará o premio ao mellor videoclip na sección do xurado do Festival de Cans do 2017. A comezos de 2017 suben o seu video-single "Mi Re La / Nunca Máis". Simultaneamente a todo isto, xiran sen parar por toda a xeografía galega, tendo actuado no I Festival do Leite en Santiago de Compostela, no Galegote Rock 2017 en Pontevedra, na Sala Mardi Gras da Coruña, na Festa Cidade Europea do Viño en Cambados, etc. 

Pero non vale que cho contemos nós, escóitao ti e a ver que che parece...e mañá non faltes á estrea do LP na Capitol!

TEXTO: S. Murias

FOTOS: Oh Ayatollah

{fcomments}

Vindeiros concertos

585768104_1338024458336140_2878227062180881234_n.jpg }28 Nov 2025
Festas de Santa Catalina
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
uxia-xira25.jpg }28 Nov 2025
09:00PM -
Uxía
Auditorio do Pazo da Cultura - Carballo
577578018_695376560288067_47545943449353578_n.jpg }28 Nov 2025
09:00PM -
A Pedreira + Faia + Felissa Segade
Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra
584882342_1146221611051387_4909839680923644709_n.jpg }28 Nov 2025
09:30PM -
Noxxo
O Buril - Sarria
588617408_1271245561695704_4922521854846722635_n.jpg }28 Nov 2025
10:00PM -
Foliada en Compostela
A Nave de Vidán - Santiago de Compostela
571352046_1224921929669233_3571719526673220335_n.jpg }28 Nov 2025
10:30PM -
Furanchology
A Arca da Noe - Vilar de Santos
577178237_10162048413110913_4125717688305386834_n.jpg }29 Nov 2025
A Candeloria Pista Extra Vol.2
Pazo de Feiras e Congresos - Lugo
585768104_1338024458336140_2878227062180881234_n.jpg }28 Nov 2025
Festas de Santa Catalina
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
564599136_10224860224573305_4805494553223015416_n.jpg }29 Nov 2025
Retrofoliada
Torrecino de Cela - Cela (Bueu)
581958004_1262590715903630_4376138395313631405_n.jpg }29 Nov 2025
XXXV Semana da Música da Terra de Melide
Centro Sociocultural Mingos de Pita - Melide