Hai agora un mes a Sala Rebullón acolleu a primeira edición do The Dub Yard Festival. O evento serviu tamén como presentación do novo selo discográfico galego, centrado no reggae e con sede en Vigo, The Dub Yard Records, que nace da man de Javier Vicente. Aquí vos quedan crónica e vídeo de Lety GF e fotos de Andrea Meraki daquela longa noite de reggae.

O pasado 21 de abril fomos novamente até Mos, á Sala Rebullón. Desta volta a xente do mundo do reggae de Vigo e arredores viña presentar este novo evento. Nada máis chegar moita cara coñecida e apertas, moitas xente que facía unha chea de tempo que non vía, e moita ledicia nos que montaban o proxecto. Tamén comentaban da sorpresa de terse topado con esta sala de concertos.

foto concerto dubyard

O evento que de antemán xa pintaba ben, pois tivera boa acollida na venda anticipada, tamén viña a presentar un novo selo discográfico de reggae de Vigo, The Dub Yard Records, creada por Javier Vicente. No evento reuníanse varios artistas que compoñen o selo musical e o movemento reggae do eixo atlántico. Con este festival pretendían motivar a escena reggae combinando nun mesmo espazo a música en directo e a forza sonora do Sound System.


Era un festival preparado para que a música fose ininterrompida e non cesase ao longo de toda a longa noite, prevista dende as 9 da noitiña até as 7 da mañá. Moitas horas segundo algúns.  Así é que un pouco antes das 9 a sound xa estaba quecendo e revisando os últimos retoques de son, os graves e demais das mans dos membros de Skank-Fu Hi-Fi, Ikam e Chek Selectah, a este último xa o poidestes ver no episodio 11 da primeira tempada de Gzmusica TV. Máis desta hora aínda a cousa estaba sen xente, cousa que tampouco era de estrañar, pois a xente que acostumaba a ir as raves galegas de reggae (ou do que fosen) non acostuma chegar cedo, igual si máis a preguiza ao remate.

De todos os xeitos isto non ía ser un problema  pois sobraban horas por diante de sound. E para a hora prevista para o concerto da banda ferrolán Natural Green a cousa xa estaba chea de xente.  Unha pequena mostra do que fixo esta banda, que presentou o seu último EP o verán pasado e veñen de ser finalistas nos últimos Premios Martin Codax da Música, podedes velo no vídeo.


Tralo concerto de Natural Green a sound voltaba a soar, desta volta tamén participaban nela Arrepío Selectah de Skank-Fu e toda a crew de Real Rockers. Real Rockers son un grupo de produtores, músicos, selectas e sinjays  do Porto, pero pouco máis vos podo dicir, pois non sei deles e era a primeira vez que os vía, tanto a sound como o micro. Tamén tedes no vídeo un petisco do que  fixeron os sinjays con Elephants Yard.


Cando o escenario estivo novamente listo saíron High Paw coa backing band Elephants Yard, da que a maioría de compoñentes vos han soar de moitísimos outros proxectos. Músicos os que teño visto perto da decena de veces polo menos, pero nunca xuntos neste proxecto, músicos que camiñan tamén da man con esta nova discográfica. O mesmo con High Paw, que pese a levar rulando pola zona sen parar estes últimos anos aínda non tivera a oportunidade de vela. De Paw non vos vou falar, pois se tedes interese tedes información moito máis completa clicando NESTA LIGAZÓN.

Pois aínda que o proxecto AgochadasA2M non se centre unicamente na liña da música galega, e en ocasións poida non seguir completamente a liña idiomática de GZmúsica, noutras ocasións si pode ser un complemento. A parte de que dalgún xeito GZmúsica provocou que este outro proxecto probase a botar a andar, aínda por descubrir se con algún ou ningún futuro.

Das últimas horas do sound tampouco vos contarei pois hai que ter coidado ou o licor café pode facer estragos.

Xa para rematar quedades cun vídeo, con son ambiente e imaxes dos directos no evento.

Crónica e vídeo: Lety GF

Fotos: Andrea Meraki +FOTOS NO PHOTOS.GOOGLE.COM

Vindeiros concertos

469077758_10228832800226350_1390659224882485866_n.jpg }05 Dec 2024
David Regueiro Trío
Vitruvia Café - Vigo
468397678_1118889186622796_4808253067514913950_n (1).jpg }05 Dec 2024
Foliada da Fonsagrada
A Fonsagrada
}05 Dec 2024
07:00PM -
Maravallada e Banda de Música de Pontevedra
Praza de España - Pontevedra
468392419_1121638636631074_7649405687349782681_n.jpg }05 Dec 2024
07:30PM -
Ponte na Foliada
A Ponte Nafonso, Cando (Outes)
fulmine.jpg }05 Dec 2024
10:00PM -
Fúlmine + Proyecto Paralelo
Contrabajo - Vigo
468334077_1172995044276109_4038510889853536103_n (1).jpg }05 Dec 2024
10:30PM -
Belém Tajes
Club Clavicémbalo - Lugo
464367914-1083173960484336-5526670485185719009-n.jpg }06 Dec 2024
Comarea
Muxía
469325328_1082224587246668_3759229998996388445_n.jpg }06 Dec 2024
Festival Ilustracion-Arte
Ferrol
468397678_1118889186622796_4808253067514913950_n (1).jpg }05 Dec 2024
Foliada da Fonsagrada
A Fonsagrada
malheira.jpg }06 Dec 2024
Frakture + Malheira + Txuvasko
Auriense - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.