A aldea do Couto, en Ponteceso, acolleu entre os pasados 12 e 19 de maio a trixésimo sétima edición do Festiletras. Baixo a filosofía -intelixente e imprescindíbel- de que a cultura non é patrimonio exclusivo do mundo urbano e coa defensa da nosa lingua como bandeira, esta aldea de Bergantiños leva anos organizando un dos festivais senlleiros do panorama galego. E este ano, máis unha vez, GZmúsica estivo alá.

O Festiletras 2019 botou a andar o 12 de maio. Ao longo da semana, obradoiros, palestras, concertos e até unha saída de campo para observar morcegos. Programación vizosa e variada que deu paso as xornadas de sexta feira e sábado, que concentraron a maioría das actuacións musicais.

Así, a xornada do venres permitiunos ver por vez primeira a Baiuca ao vivo. O proxecto de Alejandro Guillán mistura tradición e vangarda e está a ter unha acollida  moi boa e non só no país. Mostra disto é o feito de Baiuca ser un fixo nos primeiros postos do TOP25 de GZmúsica. Aquí tedes un petisquiño da súa actuación no Festiletras, prececido dunha ben interesante entrevista onde nos conta máis do seu proxecto.

Venres tamén tivemos a ocasión de ver a Mercedes Peón. Acompañada de Ana Fernández e Mónica de Nut, Peón presentou en Ponteceso Déixaas, disco publicado hai agora un ano e considerado por revistas especializadas como un dos 15 mellores discos do ano pasado. 

Ao día seguinte, sábado, tivemos xa música na sesión vermú con Ortiga. Autotune e retranca a partes iguais.

E para fechar esta edición do Festiletras, concertos sábado á noite con dúas das bandas do país que máis mocidade arrastran. Por unha banda, Ezetaerre. Despois de ver o tremendo nivel ao vivo que mostraron no Couto parece imposible que sexan o mesmo grupo que coñecemos apenas hai apenas 3 anos no Revenidas. Nótase o moito traballo e a moita gana que lle levan pondo nestes anos, nótanse os quilómetros de estrada e os concertos por toda a península. Se xa o seu Pólvora e tormenta mostrou unha evolución impresionante nas bases, na calidade da rima, etc. o seu concerto no Festiletras veu mostrarnos que o directo está á altura do novo disco. Brutal, vede este Matar a McCarthy ao vivo.  

E para pór o ramo, Terbutalina. Os de Muros están a piques de presentar os seus novos temas, dos que coñecemos o adianto Marisco Barato hai unhas semanas. 

Vindeiros concertos

654955944_942341751506976_7516624165863673754_n.jpg }10 Abr 2026
Festas de San Telmo
Tui
658212304_1797656624961667_5785482020795491058_n.jpg }16 Abr 2026
09:30PM -
Ombra de Lúa
Filloa Jazz Club - A Coruña
656868806_1435692314916883_8574906941496574727_n.jpg }17 Abr 2026
Tanxugueiras + José Bonaparte
Festival Música de los Mundos - Santa Fe, Granada (España)
670016673_18401929393199436_8291295432427008498_n.jpg }17 Abr 2026
05:30PM -
Festival Modo Galego
Explanada do Pavillón de Deportes - Bertamiráns, Ortoño (Ames)
631774271_18067625273639713_2601333531175422540_n.jpg }17 Abr 2026
09:00PM -
Mediarea
Garufa Club - A Coruña
643307410_1366647318839014_100272571187997414_n.jpg }17 Abr 2026
09:00PM -
Mediarea + Tiruleque
Garufa Club - A Coruña
670991531_1811849306875732_1781908154683715522_n.jpg }17 Abr 2026
09:30PM -
Xurxo Estévez Trío
Filloa Jazz Club - A Coruña
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }18 Abr 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala La Trinchera - Madrid (España)
656206137_18541680319071592_6917431385735201380_n.jpg }18 Abr 2026
Serán Son do Noso
Ortigueira
618276951_122212587050311368_3652212127262193604_n.jpg }18 Abr 2026
Vimbio
Sala Kominsky - Vigo