A chuva non puido coas e cos 400 seareiros que se xuntaron onte nas Visueiras, no Hío, para gozar coa segunda edición do Arrente ó Toxo. Malia as dificultades engadidas polo mal tempo, todo discorreu con éxito e finalmente os asistentes marcharon para as súas casas despois de ouvir 5 horas do mellor rock duro que se fai arredor da ría de Vigo.


Faltaban apenas dúas horas para o comezo e a xente dos Afartacáns de Liméns e do Con de Nerga aquelaban por enésima vez as carpas improvisadas para cubrir palco e torreiro. Había incluso certo nerviosismo. Levaban a semana toda pendente dos partes meteorolóxicos e as últimas novas non eran aló moi boas. Por riba, aínda que estrelampase, sospeitaban que a xornada de poalla podía desanimar parte do público. Porén, a xente que sabe do mar, -e no Hío hai moita-, daba unha raiola de esperanza: Se o ceo descargaba moita auga na maré alta, despois había aguantar. E así foi.

Nós chegamos algo tarde, -os enviados especiais tamén teñen familia-, e apenas collemos os bises do Neto de Manoel e os Fillos de Quen, banda que abriu o festival. O combo artellado arredor de Álex Novas era o que menos pegaba na noite harcoreta, mais o seu saber facer e a presenza dos grandes éxitos popularizados coa Tuna Rastafari fan que sempre deixen bo sabor de boca entre o público.

Foi despois a quenda dos Akarakan. A grupo de Vincios apresentou un directo contundente. A banda de metal xa leva uns 3 ou 4 anos bourando polas parroquias viguesas e onte sábado deu o chimpo á outra beira da ría. Sorprendeu entre os asistentes o ben que soaba, cuns temas elaborados que foron do agrado de moitxs. Despois deles subiron ao escenario do Outeiro da Vela os Rojo 2. Outra banda viguesa, desta volta de Coia, que promete petar moito na escena metaleira do país. Viñeron apresentar os temas do seu segundo disco, Insert Coia, estreado ao vivo o pasado 27 de abril na Iguana Club de Vigo. E tamén gustaron moito. Os de Coia sacaron o máximo partido ao equipo de son do festival, -para nós, foron os que mellor soaron-, e conseguiron enganchar un público que descoñecía os seus temas.

E para pechar a noite de concertos, Os Vakalouras. O grupo de Teis está a se crear paseniño moi boa sona alá por onde pasa. Estiveran hai apenas un mes xa no Morrazo, nas Festas de San Pedro en Darbo, e onte xa había moita xente que viña volvelos ver. Malia algún problemiña co son e coa iluminación do escenario, por mor da chuva que cedera na súa tregua cando os Rojo 2 estaban no palco, o concerto foi moi bo. A presenza no escenario dos Vakalouras é esmagadora. Disfraces, rock e un frontman como había tempo non se miraba polo sur do país son as claves dunha formación que sen dúbida van dar moito a falar.

Despois viñeron os DJ's, unha pelexa amigable Nerga-Liméns da man de Kisky e Varuna Vértize. Nós recollémonos antes de que os pratos comezasen botar música, coa sensación de ter asistido a un bo concerto. Modesto pero moi traballado polas dúas asociación que organizaban, Afartacáns de Liméns e O Con de Nerga.

Aquí tedes unhas fotos do festival:

{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/arrenteotoxo2012"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Vindeiros concertos

811304409_2294471158032466_5850236406160331118_n.jpg }25 Out 2026
A Pedreira + Beautify Junkyards
Teatro Colón - A Coruña
828392525_1507169507838680_1591961306741483531_n.jpg }25 Out 2026
Anxo Araújo
Krazzy Kray! - Cambados
834360154_1753198923476594_7467849745056626010_n.jpg }25 Out 2026
10:00AM -
VII O Son da Gaita
Pazo Besada - Poio
825292512_1403439681947818_5337116742516565110_n.jpg }25 Out 2026
12:00PM -
Mercado de Artesanía e Produto Local
A Arca da Noe - Vilar de Santos
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }25 Out 2026
07:00PM -
As Darbukas Dacolá
O Adro - Cangas
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }25 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas