A canción dos Sonoro Maxín, un dos participantes na noite, foi premonitoria. Non quero un paraugas, non quero, eu quero un chuvasqueiro amarelo. Porque co paraugas non hai quen baile e onte en Calo as 2.000 persoas congregadas na primeira xornada do Música na Noite tiñan ganas de bailar. Hoxe ha continuar a festa, coa xornada dedicada á música tradicional, onde destaca a presenza dos Cempés, embarcados na súa xira de retorno, 20 anos despois do seu primeiro concerto aló polo arredado ano 1992.

 

Polo escenario ubicado en Solláns, na parroquia teense de Calo, pasaron os locais Deseqilibrio Mental, os mexicanos Mighty Calacas e dúas das bandas galegas con mellor directo, O Sonoro Maxín e A Compañía do Ruído. Todo aderezado coas intervencións intergrupos da familia Arremecághona, que segue a medrar creando xa serio risco de que O Leo pase a ter problemas de personalidade múltiple. Até as 4 da mañá aguantaron afoutos os seareiros o orballo da noite bailando ao son das músicas emerxentes do país.

E hoxe máis. Os grupos locais están representados esta noite pola banda Os Devotos do Folclore, charanga festeira con músicos máis que experimentados no ámbito da música tradicional, que armarán festa desde as dez e media da noite. Muiñeiras, xotas, pasodobres, rumbas e foxtrots traerán a continuación os membros de Vai Rañala!, procedentes do “sector máis trouleiro da Escola de Instrumentos Tradicionais Manuel Lorenzo Barxa”, e que recollen a parte máis festeira do repertorio tradicional. Desde catro portos de mar chegan, máis tarde, Taghaitaí. Lola de Ribeira, Edelmiro Fernández, Iván Costa e Manolo Maseda, “catro vellos mariñeiros” embarcados nunha foliada que durará o que o corpo aguante. E, para pechar, a actuación estelar da noite: o retorno de Os Cempés, co seu repertorio máis coñecido e coa presentación do seu novo traballo discográfico, Tentemozo, co que celebran os seus vinte anos nos escenarios. Polo medio, o brasileiro Homen Banda, un auténtico home orquestra, vai amenizar a noite tocando arredor da cantina.

Vindeiros concertos

729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
773186249_1811060946977365_8979404130184395708_n.jpg }24 Set 2026
Compostela Urban Fest
Campus Vida - Santiago de Compostela
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
767130823_37587126890932161_805627178590826609_n.jpg }25 Set 2026
Festiblas 14
Club Clavicémbalo - Lugo
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
811303792_1058595770146237_2618456850666685060_n.jpg }25 Set 2026
XXXIV Rock in Cambre
Campo da Feira - Cambre