Os Guezos, os Labregos do Tempo dos Sputniks e Avante Rock da Galiza porán o punto final a un festival que se estrea en Begonte. Actividades ao longo de todo o día, pensando nos pequenos e mais nos maiores da man da Asociación Cultural Castiñeiro Milenario. Será este sábado 21 de xullo desde xa ás 11:30h da mañá con actividades para as e os cativos até ben entrada a madrugada cos concertos. Xunto co Festival da Chaira, que tamén se celebra este sábado 21, alternativa para a fin da semana na Terra Chá.

O Festival 27373 de Begonte ha reunir nun mesmo día un festival para nenos e nenas polo día e concertos para os mozos e mozas pola noite. A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte é a organizadora da primeira edición do Festival 27373 que terá lugar o vindeiro sábado 21 de xullo no Club Fluvial de Begonte que, amablemente, cedeu as súas instalacións para a celebración deste festival.

O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequenos. Desde ben cedo, ás 11.30 comezamos co obradoiro de Ciencia Entretida a cargo de Teatro do miolo, un xeito sinxelo de amosa-la ciencia aos máis novos. Ao remate, contaremos con Carballo con botas, un contacontos que fará as  delicias dos cativos e cativas coas súas historias de xacias.

Ao mediodía haberá lugar para o descanso e para coller forzas, pois poderemos xantar grazas ao servizo de polbo e churrasco que haberá no mesmo recinto do festival. Pola tarde seguirá diversión con inchables de auga e terra, e para rematar unha divertida festa de escuma.

Pola noite, unha vez que os meniños estean durmindo, comezará o Festival de noite coa actuación de tres grupos imprescindibles para falar do panorama musical actual comprometido coa terra. Desde Ourense e a partires das dez e media da noite, contaremos co grupo Guezos, un deses grupos que sabe mesturar diferentes estilos musicais, desde o folk, ao rock ou o ska. A continuación actuarán os inclasificables Labregos do tempo dos Sputniks, proxecto do cantautor Leo e o MC García de Dios Ke Te Crew. Para rematar a festa a descarga metaleira de Avante Rock da Galiza, compromiso e tralla para un fin de festa potente.

Con este festival a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario leva a cabo un dos seus proxectos máis desexados, pois desde o mesmo inicio das actividades culturais da asociación, hai xa seis anos, a organización dun festival musical era unha das súas prioridades. Os organizadores agardan que esta primeira edición sexa un éxito e que serva de pulo para a organización de moitas máis no futuro.

Aquí vos deixamos un vídeo dos Avante:



Vindeiros concertos

597936504_18088189727475018_302529267100205221_n.jpg }12 Mar 2026
Luar na Lubre
La Trastienda - Bos Aires (Arxentina)
629887952_922793067093696_2978152928131370010_n.jpg }13 Mar 2026
Feira de San Gregorio
Pías, San Miguel de Tabagón (O Rosal)
620001408_25980025364927323_8256020744691383149_n.jpg }13 Mar 2026
Marela + Rat-Zinger
A Cofradía Taberna Cultural - Vilanova de Arousa
643005469_18416012995192658_4977799412757450542_n.jpg }13 Mar 2026
Musel
Asociación Cultural Rúa da Música - Sarria
633990022_935097025533435_1711444395104678255_n.jpg }13 Mar 2026
XVI Foliada Furancheira
A Picoña (Salceda de Caselas)
642718098_896103796744779_6799396614115253631_n.jpg }13 Mar 2026
09:00PM -
Foliada con Solimán e Pandeireteiras O Fiadeiro
CS A Pedreira - Pontevedra
647087081_1503517338447749_4882804401228547504_n.jpg }13 Mar 2026
09:00PM -
Lume Picón
Cervexaría O Carlete - Vilariño, O Hío (Cangas)
566205652_1382781786545935_3817015692618586300_n.jpg }14 Mar 2026
Expo Rock Festival
Expo Coruña - A Coruña
629887952_922793067093696_2978152928131370010_n.jpg }13 Mar 2026
Feira de San Gregorio
Pías, San Miguel de Tabagón (O Rosal)
633990022_935097025533435_1711444395104678255_n.jpg }13 Mar 2026
XVI Foliada Furancheira
A Picoña (Salceda de Caselas)