A unha semana do V Festival Antrospinos en Taragoña, Rianxo, a organización agarda que asistan ao festival máis de 4.000 persoas. Xa se traballa no recinto para telo a punto os días do festival. Máis dunha ducia de conxuntos musicais participarán na quinta edición do festival Antrospinos, que se volverá celebrar en Campo Maneiro, Taragoña a sexta feira 27 e sábado 28 de xullo.

O festival ANTROSPINOS ofrece alternativas para todos os gustos. O paquete completo son dous días de concertos de pago, a acampada libre e as actividades de balde á luz do día que decorreran en Campo Maneiro e arredor de Taragoña coa xa tradicional e afamada matraquillada. A variedade tanto de estilos musicais como de propostas de ocio son o que fai de Antrospinos unha proposta integradora na que pódese atopar xente de todas as idades e estilos.

Ainda que este ano a organización se veu na obriga de ter que cobrar unha entrada para poder manter o nivel do festival e asegurar a súa continuidade no tempo, agardan unha grande asistencia de público, posto que a entrada para os dous días está a un prezo de 10€, unha aportación xusta para desfrutar dun festival que inclúe a máis de 13 bandas, xantar popular, acampada de balde, matraquillada e que se desenvolve nun entorno natural espectacular.

O venres 27 as portas do recinto dos concertos abriranse ás 21h para comezar as actuacións ás 22.00h. Este día contarase coa actuación de Canteca de Macao, Bohemian Betyars, Os Cempés, Dakidarría e pecharán a noite os DZ SELECTORS que nos farán bailar ata que saia o sol.


O sábado, día clave

O sábado é o día clave do Festival Antrospinos xa que haberá actividades durante toda a xornada. Polo mediodía, 13h30, empezará o xantar popular en Campo Maneiro ao que queren convidar a todos os asistentes e veciños: comer, beber e gozar do bo ambiente. Despois do xantar, sen perder nin un minuto, daraselle saída á MATRAQUILLADA 2012 que percorerá Taragoña facendo parada en bares, tabernas e furanchos, sempre acompañada da música de OITONUNPISO e o Cé Orquestra Pantasma.

A matraquillada ten prevista a súa chegada a Campo Maneiro por volta das 18.00. Asemade darán comezo os concertos no escenario de tarde, coas actuacións de DE L´STON (18h), Ataque Escampe (19h), Güintervan (20h), tanto a matraquillada como os concertos do escenario de tarde son gratuítos.

Ao remate dos concertos no escenario de tarde disporemos de tempo para cear algo na Pulpería que se instalará en Campo Maneiro e sen enredar ás 22h.30 darán comezo os concertos no Escenario Antrospinos con: Alamedadosoulna, Kumpania Algazarra, Quempallou e Bastards on Parade, pecharán a noite BIGOTE MIX e RUMBEAT´S aos pratos!

Para todos os públicos

O Festival Antrospinos é o festival ideal para asistir con toda a familia, xa que hai actividades para todos os públicos durante todo o día.

O Festival Antrospinos esta organizado pola asociación do mesmo nome, sento totalmente autofinanciado e tendo que asumir un custo superior aos 50.000€ polo que a colaboración da xente que asiste ao festival é fundamental, colaboran co festival: Concello de Rianxo, Deputacion da Coruña e Estrella Damm. Asi como os máis de 300 soci@s da asociación e o comercio local.


Vindeiros concertos

749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
779842583_1511208527718173_9040372768246417128_n.jpg }25 Ago 2026
Festas de San Bartolomeu
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
779842583_1511208527718173_9040372768246417128_n.jpg }25 Ago 2026
Festas de San Bartolomeu
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
782599213_27643494828666077_5555947664295935009_n.jpg }26 Ago 2026
07:00PM -
As Tareixas
Biblioteca Pública Municipal - Ponte Caldelas
706188401_18449682028118994_1584780685745276143_n.jpg }27 Ago 2026
Arredas Folk Fest
Tregosa, Barcelos (Portugal)
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas