Volve o Rebumbio cheo de música e diversión, como eles din: "para quitarnos de enriba o pesadelo da crise, ou polo menos para esquecela durante uns días. Porque loita si, pero festa tamén, faremos que o Rebullón acabe coas patas do revés." Nós iremos comprobalo!

Para escomenzar o venres 24, abrindo palco, dende o Val da Louriña petándolle o rock´n roll e buscando un cervo “The Cillit Band”. Dende máis aló do Confurco, cargados de carraxe e moito punk “Skandalo Gz”. Volvendo a casa, pasando polo turreiro de Torroso “The Turre´s Band”. Pero inda temos máis en calquera momento da noite, do dia ou da madrugada “Os Veraneantes”.

O Sábado 25, abrindo a noite ben preto da barra, facendo palleiro punk “Os Residuos atractivas”. Xa no palco da festa, dende as terras de Vigo collendo impulso cun tirante de Rande “ La Banda de Andrelo”. Fasendo ruído coa barrijiña, dende Ribeira “A Compañía do Ruído”. Recen chegados de andar polas europas levando a súa música e o seu espectáculo, farán unha parada no Rebumbio “Chotokoeu”. Máis que músicos, son amantes da festa e da diversión, dende a República do Macizo Central “Os Cuchufellos”. E dándolle o remate que se merece a unha noite tan longa, unha sesión que fará bailar os sobreviventes de tanto Rebumbio, os pratos “Hadri Hache”.

O Rebumbio de Mos promete dous días cheos de festa, regados con abundantes vatios de son e luces, tapadiños por unha carpa, nun entorno previlixiado... mais tamén lembra que todo iso non sería posible, de non ser polas empresas anunciadoras, a Comunidade de Montes de Tameiga, a xente das Pedriñas e moita máis xente que lles bota "unha man ou as dúas".


Vindeiros concertos

708254832_1856945452366117_7859393435986831494_n.jpg }17 Xun 2026
09:30PM -
Lois Rivera Trío
Filloa Jazz Club - A Coruña
709001215_1013158838057118_3003271749036623226_n.jpg }18 Xun 2026
Festa da Alegría
O Calvario - Lavadores (Vigo)
711737154_1589815579813722_6205031328152243581_n.jpg }18 Xun 2026
XI Encontro Cultural Entreverbas
Cabreira (Salvaterra de Miño)
713243753_1605107201624500_5390569051054360412_n.jpg }18 Xun 2026
08:00AM - 05:00PM
Pakolas
Museo de Nacional de Cinecia e Tecnoloxía - A Coruña
713784651_1599015238897945_8754277512824443407_n.jpg }18 Xun 2026
06:00PM -
Cuarteto Debiselas
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil - Muros
709001215_1013158838057118_3003271749036623226_n.jpg }18 Xun 2026
Festa da Alegría
O Calvario - Lavadores (Vigo)
724282031_1433852392122130_5242187394000999143_n.jpg }19 Xun 2026
San Xoán O Freixo
O Freixo, Valadares (Vigo)
711737154_1589815579813722_6205031328152243581_n.jpg }18 Xun 2026
XI Encontro Cultural Entreverbas
Cabreira (Salvaterra de Miño)
710404074_1613689660765087_6775279972146643208_n.jpg }19 Xun 2026
06:00PM -
San Xoán de Cedo
Centro Cívico Social - Sedes (Narón)
710755046_1599015175564618_3923224735378345286_n.jpg }19 Xun 2026
08:30PM -
Cuarteto Debiselas
Atrio do Convento do Carme - Padrón