Volve o Rebumbio cheo de música e diversión, como eles din: "para quitarnos de enriba o pesadelo da crise, ou polo menos para esquecela durante uns días. Porque loita si, pero festa tamén, faremos que o Rebullón acabe coas patas do revés." Nós iremos comprobalo!

Para escomenzar o venres 24, abrindo palco, dende o Val da Louriña petándolle o rock´n roll e buscando un cervo “The Cillit Band”. Dende máis aló do Confurco, cargados de carraxe e moito punk “Skandalo Gz”. Volvendo a casa, pasando polo turreiro de Torroso “The Turre´s Band”. Pero inda temos máis en calquera momento da noite, do dia ou da madrugada “Os Veraneantes”.

O Sábado 25, abrindo a noite ben preto da barra, facendo palleiro punk “Os Residuos atractivas”. Xa no palco da festa, dende as terras de Vigo collendo impulso cun tirante de Rande “ La Banda de Andrelo”. Fasendo ruído coa barrijiña, dende Ribeira “A Compañía do Ruído”. Recen chegados de andar polas europas levando a súa música e o seu espectáculo, farán unha parada no Rebumbio “Chotokoeu”. Máis que músicos, son amantes da festa e da diversión, dende a República do Macizo Central “Os Cuchufellos”. E dándolle o remate que se merece a unha noite tan longa, unha sesión que fará bailar os sobreviventes de tanto Rebumbio, os pratos “Hadri Hache”.

O Rebumbio de Mos promete dous días cheos de festa, regados con abundantes vatios de son e luces, tapadiños por unha carpa, nun entorno previlixiado... mais tamén lembra que todo iso non sería posible, de non ser polas empresas anunciadoras, a Comunidade de Montes de Tameiga, a xente das Pedriñas e moita máis xente que lles bota "unha man ou as dúas".


Vindeiros concertos

703633301_1527974165791048_313141901238822788_n.jpg }29 Mai 2026
53 Día da Muiñeira
Pontevedra
706704523_18120745609664549_6626468427366386678_n.jpg }30 Mai 2026
Ailá
Mercado Gandeiro - Chantada
656873453_936502832086705_5892457802773672080_n.jpg }30 Mai 2026
Festa do Boi
Allariz
702487412_1402242221941733_7935464418755134823_n.jpg }29 Mai 2026
Festa do Peixe
Bande
687310324_18548013601070909_4463986619110314399_n.jpg }29 Mai 2026
IX Romaría Celtista
A Estrada
694995513_122211572666291968_6527436909676690068_n.jpg }29 Mai 2026
Incode Fest III
Alameda de Pontevedra - Pontevedra
706134511_1381686480651543_3123029993361332245_n.jpg }30 Mai 2026
LVIII Festa da Troita
Ponte Caldelas
702470650_1000673312822110_7827095492961096219_n.jpg }29 Mai 2026
Romería Popular do Corpus
Bulso (Sober)
707750408_1607761754691211_7557544335513245627_n.jpg }29 Mai 2026
VIII Cantos de Taberna de Pontedeume
Pontedeume
Cartel-Feira-da-Empanada-das-Nogais-26-600x847.jpg }30 Mai 2026
XIX Feira da Empanada e Outros Produtos dos Ancares
As Nogais