Hai 15 días estivemos por Chantada. Toda a familia GZmúsica desprazouse até a vila que é berce do bravú para gozar con outra edición do Castañazo. Xa sabedes que subimos hai días vídeos, fotos e entrevistas, mais quedáranos atrás a crónica da nosa reporteira máis intrépida. Non é a única crónica que ides atopar pola rede, haivos outras ben interesantes como a de Arbolícia, mais esta é a nosa.

O pasado 3 de novembro o equipo de GZmúsica ao completo trasladouse até a vila lucense de Chantada para disfrutar do Castañazo Rock. Cámaras, fotógraf@s, redactor@s, familia e colegas; todos ben preparadiños para non pasar o frío das anteriores edicións.
O evento deu comezo de mañá, coa programación para os máis novos. A programación infantil do Castañazo constou de contacontos e xogos tradicionais, así como da actuación de Cé Orquestra Pantasma (Impresionante este home orquesta, o mesmo ofréceche un espectáculo para nenos, como para maiores; e se o atopades noutro festival, podedes pedirlle calquera tema de punk, que os coñece todos! Tamén houbo obradoiros para facer instrumentos o máis facilmente que vos poidades imaxinar, axudando a amenizar a xornada dos cativos.
Despois do xantar e co bandullo ben cheo, polos locais da zona tivo lugar o concurso de cantos tabernarios. O bravú pedía un ano máis atopar o mellor bozarrón de taberna, un home, -ou muller-, de pelos no peito!!!.
Pola tarde celebrouse o magosto. Para os que tivesen ganas de xogar había onde escoller. Dende o campionato de billarda até o lanzamento de boina, pasando polo arrebolamento de ourizos ou a carreira de leiteiras. Os menos xoguetóns tiñan opción de entreterse coa charanga Os Veraneantes.
A noite, o encargado de abrir a xornada e ir quentando motores foi novamente o Cé. Levaba consigo o seu habitual atrezzo, que moito nos justa a algúns.
A continuación, enriba do escenario comezaban prender a chispa os da casa. Liviao de Marrao, banda que se está dando a coñecer en máis puntos da Galiza. Facían que @s seaeir@s comezasen marcarse os primeriros bailes. Até que comezaron a soar os acordes de "Zu atrapatu arte", mentres eles facían a versión en galego, moitos seguiamos emperrados en cantala en euskera.
Xa despois comezaban os pratos fortes da noite. Os primeiros foron Os Papaqueixos. Non sei se porque no recinto gandeiro logo se escoitaron os temas máis coñecidos da banda, pero en moi pouco tempo o público iase multiplicando e o frío desaparecía. Xa comezaba a quecer a festa. E como era de supoñer o auxe veu co tema "Teknotrafikante (Farloppo ma non troppo)".
E por fin o momento agardado por moit@s. Tiñamos diante de nós aos Diplomáticos de Monte Alto. Quitando que practicamente todos os temas sexan mitiquísimos, hai que destacar o bo directo e concerto que ofreceron. No que claro está non tocaron todo o repertorio, pero non faltaron cancións como "Esta noite hei d´ir alo", Atún", "Aí vos quedades" e por suposto "Gaiteiro" ou "Oda ao futbolín" entre moitos outros.Despois deste subidón, Os Rastreros foron os encargados de que a festa continuase. Tocando na casa, 5 anos despois de volveren ao Castañazo 2007, o éxito da banda punk chantadina estaba asegurado. Parecéronnos máis soltos ca daquela, máis a gusto no escenario. As lóxicas dúbidas iniciais despois de tantos anos sen tocar ao vivo, esfareláronse en 2 ou 3 temas, máis ou menos os que lle durou ao Helétrico o traxe co que saíu a cantar. Detallazo, unhas "espontáneas" pintaron no escenario unha pancarta en apoio as Pussy Riot (colectivo ruso de punk-rock feminista), no que pedían a súa liberdade.
E xa por último pra ir rematando coa noite, ou mellor dito co festival, e ainda con ganas de festa rachada. Os Cuchufellos foron os encargados de poñer o peche. Non era nada doado saír a tocar despois dos revivals da noite, e calquera outra banda malamente daría detido a hemorraxia de corpos cansos que saían do Mercado Gandeiro buscando un acubillo. Mais os Cuchufellos están a se converter nuns especialistas en pechar festivais, sabendo medir os tempos precisos para manter o público con ganas de troula en situacións tan complexas como tocar cas ás 5 da mañá, despois de bandas como Rastreros ou Diplomáticos. Mal que lles pese, pois de certo que non gustan, -como ningunha banda-, en ser etiquetados como "pechaconcertos", o certo é que moi poucas bandas terían mantido a festa como eles fixeron.

texto: Lety GF

fotos: Xabicas




Vindeiros concertos

795663354_10246232162647843_8696830435274065083_n.jpg }24 Out 2026
Hugo Guezeta
Sala Capitol - Santiago de Compostela
832896718_18115728389092036_3454160212033361874_n.jpg }24 Out 2026
Minguante
O Xandoneto - As Neves
840809026_28711085741867270_7028194588712960272_n.jpg }24 Out 2026
01:00PM -
VI Foliada e Cantos de Taberna de Taboada
Taboada
825271574_1370119861532417_3017303303335931565_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
As San Lucas. Terras de Encontro
Mondoñedo
830632125_18134977579630147_7693089141231421728_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
Pasabodeghas
San Miguel de Sarandón (Vedra)
836334423_1074770502029218_2588016385055379423_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
XVII Foliada da Mariña
Praza do Concello - Xove
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }24 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - As Pontes
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
841084073_18080460158709235_4012768790645538583_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
Voces e Cordas nunha Tarde de Outono
Local Social Liga de Amigos de Barallobre - Barallobre (Fene)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.