A pasada fin de semana, a quinta edición do Festival Furtivo achegou até Cangas unha boa posta de música do país. A parte musical do Furtivo abriuse venres cos Skarallaos, para seguir sábado con Ludovaina, Os 3 Trebóns, Terbutalina e Skarnivals. O ramo púxoo o Cé Orquestra Pantasma, nunha sesión vermú divertida tanto para as crianzas coma para os que aínda non foran durmir. Todo a prol de ADICAM, a Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama do Morrazo, que recibiu xa de Deskarga Furtiva, -asociación organizadora do Furtivo-, o importe íntegro das 460 entradas vendidas na xornada do sábado, único día en que as actuacións foron de pago.


GZmúsica estivo no Festival Furtivo. Algúns a gravar, outros a bailar, outros a botar unha man no festival. Ou a facer de todo un pouco. Suso e Vari, Deskarga Furtiva, estaban detrás da organización do evento solidario e algún/ha de nós decidiu arriar a cámara e axudar na barra ou onde fose. Merecíao tamén a xente de ADICAM que levan anos a traballar arredor das persoas que sofren cancro de mama na comarca do Morrazo.

Todo arrancou venres. O evento deu comezo as nove pasadas da tarde-noite cunha charla sobre prevención e anticoncepción a cargo do Doutor Javier Valdés (xinecologo do C.H.U.V.I.) e organizada pola propia Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama. Despois proxectaron a curtometraxe “O circo das bolboretas” en versión orixinal subtitulada. Ao rematar a curta, a xente que acudiu abandonou a carpa ata preto das 11 da noite, momento en que a xente foi chegando de volta.

Era o momento do concerto acústico dos Skarallaos. Estes coruñeses comezaron (e tamén remataron) o concerto cunha versión do tema “Minor Swim”. Aínda que segundo eles mesmos, facíaselle raro facer un acústico enriba do escenario, a verdade é que para o público que os vía por primeira vez era mellor. Así podíase apreciar claramente que cada compoñente ten un estilo diferente e libre, e ver o ben que resulta esta combinación. Esta banda formada por acordeón, baixo, guitarra, caixón (ao que se lle notaba que a música lle saía de dentro con moita forza) e dous saxos mostráronnos temas como os xa coñecidos (para os que xa os levamos vendo dende hai un par de anos) “Traballo temporal” ou “Mentira”, e outros non tan coñecidos como “Sol menor” ou un adicado a súa vila, “Culleredo”. Segundo algúns dos seaeiros do concerto, notabase que a banda tiña “bo rollo” e conseguían transmitilo ao público. Aínda que no tema q a xente máis se moveu foi co xa mitico e coñecidisimo “Bella Ciao” que moitísimos grupos versionan.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="SkarallaosnoFurtivo"}{/artsexylightbox}


Sábado, máis música

Sábado foron Ludovaina os que encetaron a noite. A xente foi máis preguiceira ca na xornada anterior, sabendo que a noite ía ser máis longa, e o recinto non colleu un bo aspecto até que a formación cangueira xa botara un par de pezas. O cuarteto mantén o nivel que xa mostrou en Vilariño este verán. Andan ensarillados na gravación do seu disco de estrea e iso nótase tamén no traballado que teñen o repertorio. Á espera de que finalmente saia, -quixeron telo para o Furtivo pero non puideron-, quédanos as sensación que transmiten desde o palco, cunha percusión sobresaínte e un dúo de gaiteiros acoplado e que por riba o pasa macanudamente tocando.

Despois veu a quenda dos 3 Trebóns. Acompañados de 2 dos homes sen medo, aumentaron de vez a temperatura da carpa na fría noite e fixeron cantar e bailar as 500 persoas congregadas. Trouxeron a canda eles a súa xeografía de loita, que fai paraxe no Berbés, en Meicende ou en Moçambique. E todo o seu imaxinario, -a nosa BSO-, no que teñen cabida Sito Miñanco, O Zeca, Celso Emilio e o Licor Café.

A seguinte banda foron Terbutalina. Logo colleron o ronsel festeiro que lles deixaran os Trebóns para se converter na banda da noite. Sorprenderon na parroquia máis veterá, moi abondosa nunha comarca onde algúns mariñeiros xa traían no seu quiñón discos de Pink FLoyd ou Black Sabbath a comezos dos 70. Punk sen imposturas que tamén fixo bailar á xente nova, algúns chegados desde Muros para miralos. 

The Skarnivals pechou a xornada. Os de Bueu tiñan moita gana de montar festa na vila veciña, porque é o seu pero tamén porque querían especialmente colaborar con ADICAM. Lográrono, cun público entregado desde o comezo, coreando os temas do seu Punto de Torsión que están a presentar este outono.

O remate correu a cargo do Cé Orquestra Pantasma na sesión vermú do domingo. Nenos enmeigados na parafernalia que o acompaña, adultos que lle entran o xogo e unha festa bonita coma sempre, argallada entre tod@s os que alí estabamos baixo a batuta poliinstrumental do Cé.

Se queredes ver máis fotos de venres e sábado, podedes facelo no Facebook de Xabicas.

Aquí tedes os vídeos que gravamos. Entrevista e un par de temas de Ludovaina:

O Foucelhas dos Trebóns:

Entrevista e temas de Terbutalina:

E tamén de Skarnivals:


texto: Lety GF e Lavesedo

fotos: Lety GF e Xabicas

vídeo: Martín Rodas


Vindeiros concertos

621839835_25077501058590486_4708508511457242076_n.jpg }27 Feb 2026
09:00PM -
Soalleira
Nasa e Perla 8 - Pontevedra
607560744_18248322604288358_7002495170589291008_n.jpg }28 Feb 2026
51ª Festa do Queixo
Arzúa
descarga.png }28 Feb 2026
I Foliada Inllar
Praza do Recheo - Ponteceso
626265266_17990890670919363_7258113034207415861_n.jpg }28 Feb 2026
Vendaval Fest O Galiñeiro
Cine Teatro Ribadeo - Ribadeo
623036181_18341562343234570_5534474561794490359_n.jpg }28 Feb 2026
XIII Concurso de Bandas Rock in Río Tea
JJ Copas - Ponteareas
617970434_122170117082858362_5576439749504425087_n.jpg }28 Feb 2026
01:00PM -
Zavala
Piruchela Colectivo - Neda
616818276_10230940474751535_4178596097335249260_n.jpg }28 Feb 2026
06:00PM -
Foliada Solidaria
Torre de Celas - Celas (Culleredo)
639474264_10216433492548037_4813697172842163370_n.jpg }28 Feb 2026
06:00PM -
Foliada de Inverno
Centro Sociocultural - Begonte
620927813_18556301485021212_747063793287654823_n.jpg }28 Feb 2026
07:00PM -
Xabier Díaz Cuarteto
CC Casa del Reloj - Arganzuela, Madrid (España)
641319154_1230443822560177_1694240074249636131_n.jpg }28 Feb 2026
07:00PM -
Foliada Aberta no Xebra
Xebra! Associaçom - Burela