Sen tempo non era, pero seguimos coa nosa ollada ao Revenidas 2013. Aquí tedes os vídeos que os nosos Reporteiros Festivaleiros gravaron, cámara en man, a pé de escenario. Fermín Muguruza, Zuloak, Martelo, A Compañía do Ruído, Narf e o comunicado das traballadoras da conserveira Cuca, que recibiron unha homenaxe o primeiro día do festival. E lembrade que o venres 9, emitiremos o Especial Revenidas en GZmúsica TV.


A xornada do sábado comezámola acougad@s, repoñendo forzas e collendo folgos no concerto de Narf, -de balde-, antes de entrar no recinto do porto de Vilaxoán. Coma sempre, o músico compostelán deixou constancia da súa infinita calidade. Velaquí o tedes.

Despois, os Reporteiros Festivaleiros entraron na cerna da festa, no centro do torreiro onde só as máis bravas e os máis bravos aguantan a presión do baile e a potencia do equipo de son. Alí e sen desmaio aguantaron as máis de 6 horas de música sen interrupcións que comezou coas Zuloak. Posta en escena contundente, souberon quentar o persoal e iso que deron os primeiros acordes practicamente entre amigos.

Despois tocoulle a Fermín Muguruza. O irundarra estivo moito mellor ca no Reperkusión, -vese que os aires do Salnés lle sentan mellor ca os de Ourense-, e até se atreveu cunha fraseciña en galego. Moito mérito, de ollarmos o mal que entende o idioma do país, como se evidenciou cando quixo reproducir o que lle cantaba o público. E, teimas lingüísticas á parte, vese a banda moito máis rodada ca en maio. Se daquela a verdade que nos decepcionara un chisco, temos que recoñecer que desta volta o vello León Asmático deu un bo concerto, mostrando que aínda ten moito que contar.

E xa co recinto do porto de Vilaxoán ateigado de xente, -máis de 3 000 persoas-, a apoteose final veu coa reaparición de Zuloak no escenario para tocar a canda Fermín algún histórico tema da carreira do antigo membro de Kortatu e Negu Gorriak.

Un dos acertos da xornada do sábado foi a orde dos grupos. Así como a sexta feira algunhas transicións rechinaban un pouco, o sábado a cousa foi rodada. E o relevo de Muguruza tomouno Martelo. Dunha figura internacional a unha das bandas, -aínda-, menos coñecidas do festival, mais sen mudanzas excesivas no tocante á calidade da proposta enriba do escenario.

Despois viñeron os Diplomáticos, -verémolos no Especial de GZmúsica TV que emitiremos o vindeiro venres 9-, e O Caimán do Río Tea, -xa subimos un vídeo-, e a noite rematou coa Compañía do Ruído.

Así remataron máis de 48 horas de festa, coa música do país como protagonista indiscutible. A histórica xornada do sábado en Vilaxoán demostrou que a nosa música está a acadar a madureza, e a conxunción de bandas históricas e novas promesas funcionou á perfección. Non o dicimos só nós, -que tamén-, senón o público asistente, pois nos días posteriores a rede fervou de mensaxes que destacaban a festa rachada que se armou no Revenidas 2013 e o exquisito trato que a organización lles deu ás e aos asistentes. Tamén é certo que ao longo do Revenidas 2013 puidemos ver grupos, -Banda Fura Fura, Obrint Pas ou Ruxe-, que non deron o mellor concerto das súas vidas e que, coma sempre, a teima do persoal de seguridade cos cacheos e as extralimitacións no seu afán "controlador" levou a situacións que rozan o absurdo, mais a sensación xeral desde logo foi a de estar diante quizais do mellor festival dos últimos meses no país. Un festival, por riba, que sabe ser solidario coas loitas que se producen ao seu redor, como a que as traballadoras de Cuca encetaron hai meses para impedir o desmantalamento da factorái de Vilaxoán. Aquí tedes o comunicado que leron na primeira xornada de festival.

Máis nada, lembrade que o vindeiro venres 9 emitiremos o GZmúsica TV Especial Revenidas, xa iremos avisando de horarios. Ademais, no Facebook de Xabicas podedes ver máis de 180 fotos do festival.

Vídeos: Reporteir@s Festivaleir@s

Texto: Daniel Lavesedo

{fcomments}


Vindeiros concertos

713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
729149024_1460520216095145_2109934177387387202_n.jpg }25 Xun 2026
09:30PM -
Esmorga
Brisa Chiringo - Cesantes (Redondela)
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
712429099_17978966949041555_4653578501519693229_n.jpg }26 Xun 2026
IV Perla Mural Fest
Fene
717216102_18360253201237107_7782880981298174567_n.jpg }26 Xun 2026
X Fisterra Experience
Fisterra
727497576_1440025754838127_8851835332231972680_n.jpg }26 Xun 2026
XXXVII Galiziako Eguna
Gasteiz, Araba (Euskal Herria)
728572704_1050167691259547_4562811107141874779_n.jpg }26 Xun 2026
07:00PM -
Festival Fin de Curso Son das Ferriñas
Auditorio Colexio Carmelitas - Vigo
722910126_27605088499178768_6276005039635756355_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Abiñadoira
Praza Pascual Veiga - Sanxenxo
722407883_18340218256223674_4120563451539872621_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Foliada Seisporoito
Praza García Barbón - Verín
713123644_1599015228897946_4464592367139630243_n.jpg }26 Xun 2026
09:30PM -
Anxo Araújo
Anfiteatro do Paseo Fluvial - Arteixo