A unidade móbil de GZmúsica atreveuse por vez primeira a saír alén das fronteiras da Galiza autoanémica. Pola banda dos Ancares, en pleno Bierzo, celebrouse a comezos de setembro o VibraBalboa 2013 e nós estivemos por aló. Apenas o sábado, mais foinos dabondo para gozar co lugar e co festival, unha proposta alternativa que de certo se ha consolidar no panorama festivaleiro do país. Aquí vos queda o que nos pareceu a xornada, con vídeos da Máquina de Meter Medo, Trópico de Grelos, Martelo e Güintervan.

A viaxe do Morrazo ao Bierzo foi longa e a perspectiva de chegar para xantar esvaeceuse axiña. Porén, -e despois duns bocatas en Monforte-, chegar a Valboa e entenderlle o nome fixo que os quilómetros parecesen menos. Paisaxe fermosa e unha impresión dos Ancares ben distinta da que se tira de os visitar pola parte de Lugo. Por riba, chegar, aparcar e inmiscuírse nas actividades de tarde do festival foi rápido e doado. A media tarde, os espectáculos circenses enchían Valboa de colorido e abriaban pequenos e maiores. A música logo había comezar, mais a primeira actuación non foi na aldea senón no Molín de Agüita, en Quintela a uns 2 km da capital municipal. A organización argallou unha gimkana para ir dun punto ao outro e aló fomos moitos, polo camiño que abeira o río Valboa, até o impresionante muíño. Agardaban polos intrépidos camiñantes as zanfonas do dúo A Máquina de Meter Medo. Tradición e electrónica nun proxecto nado no paraugas creativo da Asociación Cultural Trépia e que provocou sensacións acougantes nos que escoitabamos, no idílico muíño e co rumor da auga de acompañante, a súa sorprendente mistura. Aquí os tedes:

Despois tocou facer o camiño de volta até Valboa e petiscar algo antes do comezo das actividades de pago na Palloza de Chis. Os percusionistas de Trópico de Grelos foron os que abriron a noite, e ademais fixérono cun pasarrúas que foi levando a xente até a palloza ao ritmo da percusión afrobaiana. Xa no interior da impresionante construción, -relativamente moderna e deseñada xa como pub-sala de concertos e non para os usos tradicionais das pallozas-, os de Trópico seguiron o seu espectáculo, agora co engadido da voz e deixáronnos versións de Olodum ou outras máis mainstream como este tema de Bob Marley, iso si, na versión brasileira do Gilberto Gil.

A noite xa fervía cando foi a quenda de Martelo. O trío, unha das revelacións do ano, ten mudado moito o seu directo desde que os miramos por vez primeira no Aturuxo de Bueu hai uns meses, -no que era o seu segundo concerto-, e xa teñen un grande espectáculo ao vivo, moi ben levado, como comprobamos a comezos de verán no Revenidas e volvemos constatar agora. Sen ser redundantes, temos que sinalar de volta a calidade dos 3 compoñentes que se moven con soltura polos vieiros do rock máis tralleiro e, como non, as letras que sinalan sen medias tintas as problemáticas deste mundo de comezos do século XXI (e as sensacións que estas lles/nos producen). Eis un par dos temas que interpretaron baixo o teito de palla.

E para nós, a noite rematou con Güintervan. Tiñamos moitísimas ganas de volver mirar esta bandaza, formada por membros de Quempallou (Roi, percusión e Isaac, bouzuki), o violiño e a gayda de Harry (MacFeck ou A Roda) e mais o contrabaixo e a portentosa voz de Iván. Eles mesmos din que son catro músicos profesionais que se xuntaron para tocar o que realmente lles gusta, e isto non é outra cousa ca unha viaxe, -acelerada moitas veces, acougadiña outras-, polo folclore europeo e de paso polos seus dous discos editados. Un petisco do que estes 4 virtuosos fixeron na palloza:

Xusto nese momento o Likor Kafé puido con nós e marchamos durmir. Iso si, non pode rematar esta crónica sen agradecer a organización o gran traballo e o trato marabilloso que tivo connosco e, polo que puidemos ver, con toda a xente que pasou polo festival. Máis nada, agardamos pola edición 2014...e que vibre!!

Vídeos e crónica: Lavesedo

{fcomments}


Vindeiros concertos

747513287_1022293713829644_2250344552265926742_n.jpg }07 Ago 2026
43 Festa dos Botes
Arzúa
760285925_2544351316036419_1026904162256929843_n.jpg }31 Xul 2026
Ames en Festas
Ames
754981957_17939643291277194_873617778143105788_n.jpg }06 Ago 2026
Boviño Wine Fest
A Barbanza
764720226_1353231500253660_2390864438308214150_n.jpg }04 Ago 2026
Feito a Man
Santiago de Compostela
765178512_1680306390763088_6335492572896694700_n.jpg }08 Ago 2026
Festas de Santa Filomena
Buño (Malpica de Bergantiños)
765818118_1235240505361329_784633345056244403_n.jpg }06 Ago 2026
IV Festival Lembranza Ibérica
Celanova
747379064_1037520335517145_1631286377203814297_n.jpg }06 Ago 2026
O Marisquiño
Vigo
763374463_1024844863868028_2089655062916229785_n.jpg }07 Ago 2026
XIX Feira do Viño de Monterrei
Verín
ALFAROLEIROS 26 (1).jpg }05 Ago 2026
XXXII Alfaroleiros
Praza Esther Pita e Parque Luís Seoane - O Porto de Santa Cruz, Liáns (Oleiros)
761280297_122173008524819286_5679515934281282889_n.jpg }08 Ago 2026
XXXIV Romaría Labrega da Chaira
Carballeira do Cancelo - O Cancelo, Os Vilares (Guitiriz)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.