O Festival de San Cidre celebrouse o 13 e 14 de setembro, despois de ser suspendido no verán. Os concertos celébranse no adro da igrexa, en San Pedro, parroquia de Darbo e concello de Cangas, e até alí fomos algúns dos membros morracenses de GZmúsica na noite do venres 13. Pouquiña xente na primeira xornada do festival, -seica sábado houbo máis-, e mal sabor de boca despois do incidente provocado polos Pan de Capazo. Crónica e fotos de Xabicas no interior.


A noite do venres comezaba tranquila agás pola potencia que desprendía dende o escenario Monkfish, para  as corenta persoas que lle daban ambiente ao torreiro da festa. Monkfish co seu indierock foron dando cor a unha noite que prometía e deixaron o camiño feito para que a Bakin Blues Band descargase os seus sons bluseros. Os Bakin blues Band son unha banda moi interesante, elegancia e bo son que enganchan o público no primeiro acorde, deixando o ambiente quente.
“O ambiente estaba quente e nos andabamos doentes”, Pan de Capazo exerceron o papel de estrellitas que non lles correspondía e fixéronnos esperar máis de media hora pola súa aparición enriba do escenario, dando xa unha pequena “puntillita” ao ambiente. No entanto, parece que o fomos  esquecendo co paso dos minutos e co son divertido que os PdC ían desprendendo dos seus instrumentos.
Pero a cousa non ía rematar así. Pan de Capazo, incapaces de cumprir co seu horario, son reclamados pola organización para remataren, mais parece que non lles gustou moito a cousa e colleron malestar cos seguintes na orde de actuación, Martelo. Boa parte dos escasos corenta asistentes comezamos a arroupar os Martelo para que estes comezasen sen problemas a súa actuación. Martelo, coma en todos os concertos que tiven oportunidade de velos, non defraudan. Un son contundente acompañado de textos reinvindicativos fan que o directo do trío non pase nunca desapercibido. Pero a neurona torceuse, e volta a aparición de Pan de Capazo facéndolles un calvo dende o torreiro, un pequeno alboroto que non chegou ao río pero que fixo que Martelo tomase a decisión de dar por rematada a súa actuación. Así, con sensación agridoce polo que acababamos de presenciar, porque tampouco era a primeira vez que un servidor presenciaba unha falta de respeto dos membros de Pan de Capazo cara ao público, marchamos para a casa pensando no que podía ter sido e non foi.

Fotos e crónica: Xabicas

Podes ver máis fotos no Facebook de Xabicas

{fcomments}

Vindeiros concertos

746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
748948218_2230127057822241_1801890327444215056_n.jpg }26 Xul 2026
Festas de Santa Ana e San Xoaquín
A Lama
752723784_2443712599441093_8920749392336009056_n.jpg }24 Xul 2026
Festas de Vilaño
Vilaño (A Laracha)
731099171_18378959749200021_7967506081355086727_n.jpg }27 Xul 2026
09:00PM -
Festival Internacional de Coruxo
Campo do Vao - O Vao, Coruxo (Vigo)
739931434_1700433874995378_1055915598064898806_n.jpg }27 Xul 2026
09:00PM -
Terapia de Grupo
Rúa dos Viños - Portonovo, Adina (Sanxenxo)
746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
748883154_4604330733182515_8247800653868826378_n.jpg }28 Xul 2026
XVIII Cancións dos Nosos Barrios
Finca de San Roque - Vigo
746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
748883154_4604330733182515_8247800653868826378_n.jpg }28 Xul 2026
XVIII Cancións dos Nosos Barrios
Finca de San Roque - Vigo
746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela