Seguimos tentando poñernos ao día co traballo que nos quedou atrasado! Tamén o pasado mes de setembro nos achegamos até o Espazo Fortaleza de Goián, ao festival Minho Reggae. Había que comezar o mes con boas vibracións, máis o adiantalo unha semana respecto a edición anterior, fomos un pouco de rebote a última hora. Os videos xa volos amosamos vai un tempo, mais agora deixámosvos unha crónica e mais dun cento de fotos.

Nesta 4º edición o festival trasladouse ao lado galego do río Miño. As anteriores edicións tiveran lugar na bonita vila portuguesa de Vilanova de Cerveira. Máis pouco ou nada ten que envidiar a nova situación. O que si, os campistas alegráronse, posto que este ano o camping estaba máis perto da celebración do festival. O evento tivo lugar o venres 6 e o sábado 7 de setembro. Na súa primeira xornada  comezamos a noitiña coa banda brasileira de roots reggae Ukiemana, que logo deixaría paso a banda madrileña do mesmo estilo Goymamba.  E para rematar os concertos no escenario grande saía a escena o músico e productor Roberto Sánchez, xunto coa backing band viguesa Zamaramandi. E chegaba o momento da representación galega na primeira xornada do festival. Chegaba o momento de deixar o reggae roots un pouco de lado e acelerar un pouco o ritmo con algunha dose de raggamuffin. Dende vigo o selector Chek Selectah, membro do colectivo Soundkilla, encargábase de pór os acordes para que Xenderal, chegado de Cerceda, puxese as letras. Esta actuación foi a ras do chan e polo tanto máis cercana ao público que os anteriores artístas. Entre todos estes cambios  de escneario ( e ao igual que nos cambios do sábado) o colectivo madrileño de sound sistems Organic Roots Crew amenizaba a xornada. Este colectivo veu cargadiño. A pesaren de non traer o equipo completo de son, si cargaron con polo menos 7000 watios de equipo artesanal, no que se incluían seis scoops. Desprazarse tantos kms en camión non era só por amenizar uns minutos entre banda e banda, se non que tamén serían os encargados de pór o peche final as dúas noites.

Ainda que comezaba todo con un par de horiñas de retraso o segundo día viña máis repletiño. E aparte de ofertar comida, podíase mercar artesanía nos postos que montaron nun dos paseos. Ao longo da tarde, mentres uns faciamos un taller de danza africana con Cristina Malvárez e uns percusionistas voluntarios, outros facian un de percusión co bloquinho Aperta, e os pequenos aprendían a facer malabares con Asacocirco.  Os ferroláns Natural Green tamén ofrecían un pequeno concerto medio "desenchufado".  A banda Pana da selva sorprendeunos a algúns, posto que é de admirar que xente con diferentes discapacidades tamén se anime a adentrarse no mundo da música. Seguro algunha actividade ou actuación máis houbo, pero é o que ten que algunhas cousas transcurran a un tempo, que non se pode estar a todo.  Contra a tardiña o grupo de baile Mesturas Danza facía unha exhibición, para dar paso a compañía Asacocirco co seu expectaculo "Casal en risco", que xa ía coller a noitiña. E nos marchamos un rato a repoñer forzas para a noite que quedaba por diante, aparte de que a segunda noite prometía ser algo máis movidiña. Xa non ía enfocada ao roots, se non que iamos poder bailar a ritmo de rocksteady e ska. Á volta, e xa dentro do recinto vallado do festival, abrían a noite os coruñeses Dandy fever. Estes darían paso  os madrileños Tasty Grooves. E chegaba o momento de ir ata un pouco cara á orixe destes estilos. Aínda que Alpheus viviu en Londres as súas raices son xamaicanas, e alí, en Xamaica, foi onde naceu hai xa máis de medio seculo e a raíz do ska a musica rocksteady.  Persoalmente, para min foi con diferencia o mellor do festival. Viu acompañado dunha muller (da cal non lembro o nome) para os coros, e de novo a banda Zamaramandi era a encargada de acompañar ao grande do cartaz no día de hoxe. E aínda que ata aquí chega a nosa reportaxe fotográfica... o festival aínda ía continuar durante algunha hora máis. Pechaban o escenario a banda Chakras, composta por membros de 5 nacionalidades diferentes. Aínda que musicalmente a banda convenceume a súa posta en escena non, ver a cantante (que por certo tiña unha bonita e doce voz) case todo o concerto máis centrada en facer fotos do público, que en cantar, actuar ou simplemente en compenetración cos compañeiros, restoulle forza a posta en escea do directo. E hoxe de novo chegaba o momento de moverse uns metros e ir ata a zona dos sistemas de son. E para rematar antes dos Organic Roots, o artista e productor francés afincado en Vigo Enki Sutta Dub, máis coñecido como Aligator, encargabase de que os motores da xente non arrefriasen.

Esperamos a asociación cultural Minho Reggae, así como a coruñesa Negus, poidan seguir moitos máis anos cos seus festivais, posto que é bastante escasa a oferta de eventos deste estilo na Galiza.

{artsexylightbox picasaUser="108444696226697831003" picasaAlbum="minhoreggae2013" carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Texto e fotos: Lety GF

Vindeiros concertos

631002484_1753801016013895_5911209486379448620_n.jpg }11 Feb 2026
09:30PM -
Pablo Sanmamed Quartet
Filloa Jazz Club - A Coruña
632359773_18314181892268419_7755778602865856982_n.jpg }11 Feb 2026
10:00PM -
A Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
631762014_18314108482268419_573480087281108414_n.jpg }12 Feb 2026
09:30PM -
The Spoonfuls
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
612515241_10162311562060913_3357608223806871250_n.jpg }13 Feb 2026
Entroido Maceda
Maceda
619897954_18355390276161235_1751716842815900139_n.jpg }13 Feb 2026
Entroido Rianxeiro
Rianxo
625174073_10162386392395913_638023297295282680_n.jpg }13 Feb 2026
08:00PM -
Maskarpone + Os Veraneantes
Asociación Cultural - A Galleira - Ourense
623197519_122110090641204343_2205950087107207852_n.jpg }13 Feb 2026
08:00PM -
9ª Edición Cantos no Entroido
Marín
615053144_1175589021224022_8253099969867575350_n.jpg }13 Feb 2026
10:30PM -
Mostrencos
Sala Máster Club - Vigo
612515241_10162311562060913_3357608223806871250_n.jpg }13 Feb 2026
Entroido Maceda
Maceda
619897954_18355390276161235_1751716842815900139_n.jpg }13 Feb 2026
Entroido Rianxeiro
Rianxo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.