Aínda co corpiño moído despois de 3 días de troula en Bemposta, achegámosvos as primeiras impresións da grande festa que foi o Reper 2014. E para comezar, sinalar que gostamos moito do grande papel das bandas do país no escenario grande. Cuchufellos o venres e Terbutalina o sábado brillaron con luz propia nun festival onde, para alén do Manu Chao, o resto de propostas non deron superado o grande nivel marcado polas bandas galegas. Deixámosvos fotos do concerto dos Cuchufellos e un vídeo do fin de festa de Manu Chao coa colaboración de Ico do Sonoro Maxín.

Cun pouquiño menos de xente ca en anos anteriores -especialmente o primeiro día-, alá vai xa a edición deste ano do Reperkusión. De novo en Bemposta, cun tempo estupendo pois malia as previsións de moita calor o certo é que se levou moi ben todos os días. 60 horas de actividades, -33 en total, 18 delas galegas-, 26 bandas de música para encher a Cidade dos Muchachos de música e ledicia os 3 días do festival. Imos ir subindo esta semana moitas cousas do festival, onde ademais gravamos o primeiro capítulo de GZmúsica TV. O noso programa de televisión ha volver axiña á pequena pantalla e a aventura botou a andar en Bemposta. Mais para ir abrindo boca, aquí tedes unhas fotos do concertón de Cuchufellos o venres e un vídeo de Manu Chao La Ventura con Ico do Sonoro.

FOTOS DE CUCHUFELLOS

 

{fcomments}

Vindeiros concertos

729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
773186249_1811060946977365_8979404130184395708_n.jpg }24 Set 2026
Compostela Urban Fest
Campus Vida - Santiago de Compostela
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
767130823_37587126890932161_805627178590826609_n.jpg }25 Set 2026
Festiblas 14
Club Clavicémbalo - Lugo
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra