A primeira fin de semana de setembro celebrouse en Valboa, no Bierzo, o Vibra Balboa 2014. 4 días de convivencia, na marabillosa aldea berciá, con moita música, obradoiros, espectáculos de todo tipo e a sensación de acougo que dá parar uns días a carreira tola en que andamos decote para se misturar co ambiente. Aquí vos queda un vídeo resumo e un bo feixe de fotos de Lety GF, que andou por aló.


Nos cartaces deste ano, o Festival Vibra Balboa animaba a escaparse ao mundo vibra a primeira fin de semana de setembro. E nós, como xa o temos feito e sabemos o que presta, decidimos recuncar. Lety GF andou por terras berciás e trouxo un resumo en vídeo e unhas fotazas do que ferveu en Valboa.

Vídeo resumo, onde aparecen -nesta orde- As Suripantas, Fanfarria Taquikardia, Trópico de Grelos, Alpargata, Boss & Over, os números de Cabaret de Pajarito, Guille e Jano e mais os Folkólicos.

E unhas fotos, que tamén están na nosa páxina do Facebook.

FOTOS DE LETY GF DO VIBRA BALBOA


{fcomments}


Vindeiros concertos

798035327_18099067457525049_1598699368477828839_n.jpg }18 Set 2026
5º Aniversario A Cofradía Taberna Cultural
A Cofradía Taberna Cultural - Vilanova de Arousa
811962948_122331829982213042_6043967378099020375_n.jpg }19 Set 2026
Festas de Monte Alto
Barrio de Monte Alto - A Coruña
793069783_1358862552895981_7836223212097971936_n.jpg }18 Set 2026
Festival Cabeza Cuadrada
Santiago de Compostela
801429580_18339044419286277_1301308600464979787_n.jpg }19 Set 2026
IX Festival Rockanroleiros
Praza Esther Pita - O Porto de Santa Cruz, Liáns (Oleiros)
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
festa-da-pataca-coristanco_img1243n1t0.jpg }19 Set 2026
XLIV Festa da Pataca
Coristanco
726495304_122159686100704158_5308619054689941450_n.jpg }18 Set 2026
XXIII Fene Rock
San Valentín (Fene)
780342932_1476955927804325_5060668817404657919_n.jpg }18 Set 2026
XXXII Revoltallo
Carballeira do Pedregal - Valadares (Vigo)
813525532_18418038265146572_6806883418132561614_n.jpg }20 Set 2026
02:00PM -
Mekanika Rolling Band
Cambás (Aranga)
794484726_18341708494271568_4760235968293291462_n.jpg }20 Set 2026
06:00PM -
Uxía Lambona e A Banda Molona
Ligonde (Monterroso)