Até este sábado 14 de marzo está aberto o prazo para se apuntar neste primeiro Concurso de bandas que organiza a Asociación Cultural Rúa de Música de Sarria. Para se apuntar apenas hai que lles enviar información da banda e ligazóns a algún vídeo do grupo que estea na rede ou algún vídeo gravado no propio local de ensaio. A asociación escollerá 12 bandas entre todas as que se presenten para a fase previa. Haberá dous gañadores, que poderán tocar no Garitosis 2015, e ademais levarán cadanseus 500€ en metálico, Máster da gravación do seu concerto no Garitosis 2015 e 100 copias do primeiro CD Garitosis. O resto das 12 bandas non levarán recompensa económica pero terán cuberta cea e durmida os días que toquen ademais de poder empregar o backline da asociación.

A info das bandas ten que ser enviada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Se queredes ampliar a información, podedes visitar a web da Asoc. Rúa da Música

Aquí vos quedan as bases:

BASES 1º CONCURSO DE BANDAS NOVEIS “GARITOSIS ENFERMIDADE MUSICAL”

1 A quen vai dirixido o concurso.

Poden presentarse ao concurso todas as bandas noveis de calquera estilo musical que teñan 35 minutos de temas propios cantados en lingua galega. Non poderán presentarse ao concurso os socios da Asoc. Rúa da Música.

2 Formato do concurso.

De entre todos os que se presenten a asociación elixirá ós 12 participantes da fase final. Na fase final realizaranse 6 días de concertos, que enfrentarán a dúas bandas entre si. De cada día sairá un finalista mediante os votos dos socios que estean presentes durante o concerto (importante: só votan os socios que viron os dous concertos completos). A final será na sala STOP, durará dous días e albergará tres bandas cada día. O voto será ponderado con dúas personaxes recoñecidas cada día e mais un voto do público presente, sexan socios ou non. O publico deberá estar presente durante todo concerto dos tres grupos para poder votar. Os concertos serán de 35 minutos exactos. Non poderán durar nin máis nin menos. Os participantes poderán usar o equipo da asociación: batería, amplificadores, mesa de son, micros, etc…

3. Recompensas.

Os participantes na fase final e finalistas terán cea, mantido e durmida (para os que a soliciten) e non terán recompensa económica. Cada un dos dous gañadores terá de premio: tocar no Garitosis 2015 por 500 € en metálico a pagar o día da Garitosis -11 e 12 de setembro de 2015-,  a gravación do concerto da Garitosis e mais 100 copias do traballo editado, isto é 100 CDs cos 35 minutos das dúas bandas gañadoras do concurso de bandas.

4. Obxetivos do concurso.

O obxetivo do concurso e dar a coñecer e difundir o traballo das bandas noveis que empregan a lingua galega, así como poder promocionalos a traves da edición dun EP. Para que a difusión dese traballo chegue a maior cantidade de persoas posibles e disfruten coa música feita no país para o país.

{fcomments}

Vindeiros concertos

621839835_25077501058590486_4708508511457242076_n.jpg }27 Feb 2026
09:00PM -
Soalleira
Nasa e Perla 8 - Pontevedra
607560744_18248322604288358_7002495170589291008_n.jpg }28 Feb 2026
51ª Festa do Queixo
Arzúa
descarga.png }28 Feb 2026
I Foliada Inllar
Praza do Recheo - Ponteceso
626265266_17990890670919363_7258113034207415861_n.jpg }28 Feb 2026
Vendaval Fest O Galiñeiro
Cine Teatro Ribadeo - Ribadeo
623036181_18341562343234570_5534474561794490359_n.jpg }28 Feb 2026
XIII Concurso de Bandas Rock in Río Tea
JJ Copas - Ponteareas
617970434_122170117082858362_5576439749504425087_n.jpg }28 Feb 2026
01:00PM -
Zavala
Piruchela Colectivo - Neda
616818276_10230940474751535_4178596097335249260_n.jpg }28 Feb 2026
06:00PM -
Foliada Solidaria
Torre de Celas - Celas (Culleredo)
639474264_10216433492548037_4813697172842163370_n.jpg }28 Feb 2026
06:00PM -
Foliada de Inverno
Centro Sociocultural - Begonte
620927813_18556301485021212_747063793287654823_n.jpg }28 Feb 2026
07:00PM -
Xabier Díaz Cuarteto
CC Casa del Reloj - Arganzuela, Madrid (España)
641319154_1230443822560177_1694240074249636131_n.jpg }28 Feb 2026
07:00PM -
Foliada Aberta no Xebra
Xebra! Associaçom - Burela