Durante o mes de maio Compostela celebrou as Festas da Ascensión. Alí viviunas, gozounas e sufriunas Lety GF a nosa reporteira que exerce de veciña -temporalmente- da capital. Aquí nos conta o que lle pareceu os concertos polos que andou neses días, La Pegatina, Néstor Pardo, etc.

Por fin as festas da ascensión chegan a súa fin!!!
E non o digo porque estivese toda a semana de jarana, senón porque como (temporalmente) veciña do centro da zona vella de Compostela o descanso se complica a calquera hora do día.

O mércores despois de papar un churrasco na casa dun colega achegueime até a Quintana a ver o concerto de La Pegatina. A verdade que nin pola cachola se me pasou levar a cámara, pero vamos que tampouco pagaría moito a pena, posto que cando chegamos xa co concerto comezado non tiña intención de meterme na ateigada praza, e quedamos tranquilamente ao fondo de todo na parte alta das escaleiras. A verdade que o espectáculo estivo ben, teñen forza sobre o escenario, pese a que as cancións semellaban moito máis parecidas entre si do que nos discos que teñen gravados.

O xoves, festivo en Compostela xa foi máis jodienda. Toda a mañá e o día sen poder botar unha sesta polo continuo movemento  de baile, gaitas, pandeiretas e demais na praza de Cervantes.  Así que a noitiña dis: agora si vou traballar e seguir cos traballos da escola, máis non...O xoves a Quintana acollía unha especie de gala dos 40 principais. Non sei nin dicirvos que grupos actuaban, nin a xente que alí habería, pero entre canción e canción escoitábase a xente aplaudir e berregar coma tolos. Logo disto tocáballe a hora de que comezase o pumchimpún  xa ben pasada a media noite. O que me fixo preguntarme... Onde está hoxe a asociación esa de "Santiago sen ruído" que leva este último tocando o carallo e cargándose a oferta musical da capital? Porque por moito que diga esta asociación eu nestes case 10 meses nunca me molestaron os concertos que se facían dentro (e incluso fóra) dos diferentes bares xa que eran uns horarios que respectaban perfectamente a durmida dos veciños.

O venres xa que estaba, pois voltei pola Quintana. Disto si que vos trouxen algún regaliño XD.
Pasaba pouco das 9 da noitiña, e aínda de día víase unha praza medio baleira. Estaba o coruñés Néstor Pardo acompañado por dous músicos máis presentando o seu disco "Let it say". Polo visto este rapaz xa formou a súa primeira banda no 2014 con 19 aniños. Eu nunca escoitara del pero algúns que o contrario ca min vivides con TV igual o vistes no programa da Voz de "Telefónico". Despois veu a banda que aparecía ao consultar a programación. A banda londiniense Kitty, Daisy & Lewis. Outra banda da que nunca escoitara e que xa fai unha década que se formou, ben é moi posible que incluso antes,  porque estes 3 músicos son irmáns. É unha banda que bebe das influencias de rockabilly, do swing, country, etc. A verdade  que esperaba ver a 3 persoas enriba do escenario máis... apareceron 6. Posto que estes irmáns naceron escoitando os músicos que os trouxeron a este mundo e levan consigo os seus pais, e nesta ocasión tamén un saxofonista. A curiosidade  desta banda é que en cada canción os compoñentes fan cambio de instrumento e de vocalista, máis fáltalles algo de forza no escenario, así é que Daisy, a maior dos irmáns (que coido por nada supera a vintena), pese a estar máis agochada no escenario é a que desprende máis enerxía.  E penso que estades de sorte porque as cancións que cadrou gravar coincidiron coas que máis me gustaron, xa que o bis que tiñan preparado fíxose monótono e polo tanto longo de máis.

Xa se queredes saber que tal Kusturica tedes que preguntarlle a outra persoa... pois eu pasei da Ascensión para celebrar as letras galegas con diversas asociación de Compostela. Máis iso queda para o próximo capítulo.

TEXTO e VÍDEO: Lety GF

IMAXE: Pixelin Photo

{fcomments}

Vindeiros concertos

703633301_1527974165791048_313141901238822788_n.jpg }29 Mai 2026
53 Día da Muiñeira
Pontevedra
706704523_18120745609664549_6626468427366386678_n.jpg }30 Mai 2026
Ailá
Mercado Gandeiro - Chantada
656873453_936502832086705_5892457802773672080_n.jpg }30 Mai 2026
Festa do Boi
Allariz
702487412_1402242221941733_7935464418755134823_n.jpg }29 Mai 2026
Festa do Peixe
Bande
687310324_18548013601070909_4463986619110314399_n.jpg }29 Mai 2026
IX Romaría Celtista
A Estrada
694995513_122211572666291968_6527436909676690068_n.jpg }29 Mai 2026
Incode Fest III
Alameda de Pontevedra - Pontevedra
706134511_1381686480651543_3123029993361332245_n.jpg }30 Mai 2026
LVIII Festa da Troita
Ponte Caldelas
702470650_1000673312822110_7827095492961096219_n.jpg }29 Mai 2026
Romería Popular do Corpus
Bulso (Sober)
707750408_1607761754691211_7557544335513245627_n.jpg }29 Mai 2026
VIII Cantos de Taberna de Pontedeume
Pontedeume
Cartel-Feira-da-Empanada-das-Nogais-26-600x847.jpg }30 Mai 2026
XIX Feira da Empanada e Outros Produtos dos Ancares
As Nogais
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.