Os reporteiros festivaleiros, aka o Pato e mais o Moby, estiveron hai quince días en Bemposta. Fieis á cita reperkusioná desde os seus comezos en Allariz estes dous veteráns dos festivais achégannos agora a súa crónica e un bo feixe de fotografías do que deu de si a edición deste ano do Réper.

Venres 11 de setembro, ás 7 da tarde saio do choio, collo o coche e arranco cara a Ourense, cunha parada en Vigo para recoller ao compañeiro de festivais, á vez que compañeiro de GZmúsica. Unha vez aquelada a nosa chegada a cidade das termas, dirixímonos a Bemposta nun dos varios buses que habilitaron para a ocasión.

Só chegar xa nos dimos conta de que non ía ser un Reperkusión dos de Manu Chao, pouca xente polo recinto. Esta impresión quedou confirmada ao entrar na zona dos concertos e atoparnos o escenario bastante máis adiante do que é habitual.

Un chisco despois da hora programada empezou o concerto de Trashtucada, non máis alá de 50 persoas nese momento. Pero non lles importou aos andaluces que dende o principio fixeron bailar, e moito, a xente alí presente. Aos poucos foise enchendo o festi, conforme avanzaba este primeiro concerto. Despois foi a quenda de Dakidarría, que tardaron uns poucos temas en enganchar co público, culpas repartidas entre o grupo que entrou frío e un público que non era tanto da corda dos do Val Miñor.

Despois dos dous primeiro grupos chegou Asian Dub Foundation Sound System, que tardaron uns 30 minutos en mandarnos para casa, a nós e a outros moitos. Seica que a pinchada mellorou cara ao final, segundo fontes fidedignas consultadas posteriormente. Pero tendo en conta que o sábado prometía, incluso xa pola tarde e que as nosas voltas a casa adoitan ser accidentadas, decidimos ir descansar.

O sábado, non sen esforzo, dimos chegado a Cidade dos Muchachos para o comezo da Empolada. Segundo ano desta tolemia guiada polo Leo, e que fai botar unhas risas tanto os de dentro, coma os de fóra. Despois foi a hora da estrea da Kazurrada, neste caso guiada por un fenómeno como é o Cé Orquestra Pantasma, que foi debullando temazo tras temazo do tremendo set list que preparara para a ocasión. Acadou o que sempre fai, que todo o mundo baile e cante a fartar.

Unha vez rematadas as actividades da tarde, chegou o momento dos concertos. Comezaron os locais Maskarpone, que co seu ska foron entoando á xente. Ritmos repousados para ir quecendo. Tras os ourensáns, viñeron Chotokoeu, aos que lles faltaba nun principio un pouco de frescura, como se estiveran cansos (non sería de estrañar, xa que non paran). Pero repuxéronse e remataron montando bastante festa, e deixando o ambiente ben caldeadiño para Che Sudaka. Os cataláns eran un dos grupos máis esperados nesta edición do Reperkusión, e abofé que cumpriron coas expectativas. Posta en escena ben coidada e moita forza nos seus temas fixeron tremer Bemposta. Pero se Che Sudaka fixo tremer o Reper, Dubioza Kolektiv deulle a volta. Os bosnios non defraudaron nin un chisco aos que xa os temos visto en directo, e impresionaron os novatos. Todo o mundo rompeu a bailar e botar coas cancións dos balcánicos. Tamén tiveron tempo para ter un detalle coa “nosa terra galega”. Moi grandes Dubioza Kolektiv.

Despois chegou a quenda de La Trocamba Matanusca, que souberon aproveitar perfectamente a festa que montaran os Dubioza. Ritmos do leste de Europa vidos dende Ontinyent para rematar un moi bo día de festival. Porque hai vida despois de Manu Chao.

Dous apuntamentos finais: se os cartaces están en galego, por que os avisos feitos en folios e pegados polo festi están en castelán?.

O segundo é unha reclamación histórica: kalimotxo nas barras xa!, senón a xente tírase ao licor café e “é unha mestura entre whisky, red bull e éxtase”, Dubioza dixit!

Bótalle un ollo á ampla reportaxe fotográfica!

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="reper2015"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

TEXTO: Pato Glez.

FOTOS: Víctor Moby

{fcomments}

Vindeiros concertos

746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
753663618_18441748894193518_4593060451265242323_n.jpg }24 Xul 2026
Festas de Santiago de Sargadelos
Sargadelos (Cervo)
749665296_1045464268240000_6836047754851507265_n.jpg }23 Xul 2026
Festas de Taragoña
Campo Maneiro - Taragoña (Rianxo)
752723784_2443712599441093_8920749392336009056_n.jpg }24 Xul 2026
Festas de Vilaño
Vilaño (A Laracha)
752893382_1036280302657376_2177222606620878482_n.jpg }24 Xul 2026
Festas do Santiaguiño Outes
Outes
740521832_1013279384780583_4038934281077140688_n.jpg }25 Xul 2026
Marola
Xardíns de Herrea - Ferrol
754278553_1716103612843430_6727359131038067171_n.jpg }24 Xul 2026
Morriña Fest
Porto da Coruña - A Coruña
730628634_1297496682589851_8490332913847867951_n.jpg }22 Xul 2026
V Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional
Contorna do Palco da Música - Moaña
746808106_17985340848037914_242627173381165795_n.jpg }25 Xul 2026
X Feira 1900
Curtis
752937780_1041313805265652_5095347317321874142_n.jpg }25 Xul 2026
X Porrigalia
O Porriño