Aínda resoan nas montañas do Macizo Central os últimos acordes da grande festa que foi A Rebusca de Outono 2015 e xa vos traemos a GZmúsica o impresionante traballo que fixeron Martín Rodas e Isaac Pazos por aló. Tres vídeos que resumen o acontecido venres á noite, sábado á tarde e sábado á noite máis unha crónica dos nosos reporteiros-furgoneteiros preferidos. Que vos preste!


Un ano máis voltamos á Rebusca, un festival ao que, se vas, volves seguro. Eran xa as sete cando saímos desde Vigo –cousas do choio- para 3 horas máis tarde poñernos a pé de festa.

Aparcamos a furgo e lume para os concertos, aquí vos queda o vídeo resumo dos grupos que montaron a festa na noite do venres.

 

Unha gran noite pero xa cansos marchamos antes dos picadiscos agardando descansar... iso ata ás oito da mañá cando un ritmo arrepiante de metalófono tocando a mesma melodía en bucle durante horas nos impediu conciliar o sono. De feito ata saímos a ver se era algún teléfono cun politono que se perdera ao ir mexar. Cousas dos pesnegros... teñen un aguante que non é deste mundo.

A seguinte parada facémola xa a tarde do sábado cunha sesión infantil con Cé, reitero INFANTIL, que fixo as delicias de todos os asistentes, incluídos nós e os Spin Te Kú que estaban alí dándoo todo en primeira fila detrás dos nenos. Despois tocou o turno de Blues do País.

 

 Quedounos un pouquiño de tempo para falar con amigos e dar unha volta, o tempo voa. Cea e concertos de volta. Que aínda queda festa abondo. Mellor velo que explicalo, todos os grupos estiveron ao nivel e como non, o público festivaleiro animadísimo! Sorpresa para nós Spin Te Kú que non os coñeciamos e case nin chegamos a gravalos, quedáronnos ganas doutro concerto!!

 

E ata aquí durou a nosa noite xa que co ritmo trepidante do metalófono non descansáramos ben e tocaba facelo agora. Ata outra Manzaneda, ata o vindeiro ano A Rebusca.

Vídeos e crónica: Martín Rodas & Isaac Pazos

{fcomments}



Vindeiros concertos

585768104_1338024458336140_2878227062180881234_n.jpg }28 Nov 2025
Festas de Santa Catalina
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
uxia-xira25.jpg }28 Nov 2025
09:00PM -
Uxía
Auditorio do Pazo da Cultura - Carballo
577578018_695376560288067_47545943449353578_n.jpg }28 Nov 2025
09:00PM -
A Pedreira + Faia + Felissa Segade
Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra
584882342_1146221611051387_4909839680923644709_n.jpg }28 Nov 2025
09:30PM -
Noxxo
O Buril - Sarria
588617408_1271245561695704_4922521854846722635_n.jpg }28 Nov 2025
10:00PM -
Foliada en Compostela
A Nave de Vidán - Santiago de Compostela
571352046_1224921929669233_3571719526673220335_n.jpg }28 Nov 2025
10:30PM -
Furanchology
A Arca da Noe - Vilar de Santos
577178237_10162048413110913_4125717688305386834_n.jpg }29 Nov 2025
A Candeloria Pista Extra Vol.2
Pazo de Feiras e Congresos - Lugo
585768104_1338024458336140_2878227062180881234_n.jpg }28 Nov 2025
Festas de Santa Catalina
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
564599136_10224860224573305_4805494553223015416_n.jpg }29 Nov 2025
Retrofoliada
Torrecino de Cela - Cela (Bueu)
581958004_1262590715903630_4376138395313631405_n.jpg }29 Nov 2025
XXXV Semana da Música da Terra de Melide
Centro Sociocultural Mingos de Pita - Melide