Andabamos planificando a viaxe de Semana Santa pola Galiza adiante e vendo a nosa ruta máis ou menos trazada había algo que nos chamaba de camiño, un festival ao que nunca foramos. Nós que somos xente das Rías Baixas non sempre temos a oportunidade de achegarnos tan ao norte ao non dispoñer de moito tempo libre. Espantada Rock, alá imos!

Chegamos a Corvelle (Sarria) bastante tarde, a iso das catro e pico da tarde, queriamos algo de tranquilidade –despois dun percance leve na estrada- e foi o que atopamos. Unha grande esplanada verde onde montar o chiringuito festivaleiro. O ambiente na carpa prometía, a xente xa andaba de festa a esa hora despois da sesión vermú con "Tren de Rodaxe" e a comida popular.

Pola tarde era a quenda de “Meigas e Trasgos”. Levabamos días de viaxe así que nos puido a soneca para ter forzas para a noite. Anotámolos para a seguinte ocasión ;) Caíu o sol e vemos como se vai achegando xente coas súas tendas, aínda que eran poucas xa que o festival contaba con servizo de bus de balde. Un detalle. Tamén aparecen os Tres Trebóns e compañía para as probas de son. Todo a punto e co buche cheo é o momento do Licor Café e da troula, os prezos populares sempre axudan, hehe!

Abriron a noite os Maskarpone. O grupo de Ska ourensán animou ao público e vaia se nos animou que nós só temos un fragmento do momento no que Xurxo Souto subiu para compartir escenario con eles e tocar o Nordés dos Diplomáticos. Tedes que disculpar o son ambiente dos vídeos pero GZMúsica estaba completamente de vacacións e cubrimos o festival co móbil ;)

Sorpresa xeral e festa desatada cando comezaron a tocar o tema Eu estaba alí dos Zume de miolo. Xa lles tiñamos ganas e cada vez que os imos a ver soan mellor, moito destrutamos cos seus temas, quedámonos agardando novo disco :) Quenda para os 3 Trebóns.

Estas feras da festa que tanto che botan unha dos Satélites coma a repichoca máis brava fixeron bailar a toda alma que se achegara á carpa. Ademais, e como vén sendo habitual nos últimos anos, gaita e sección de ventos uníronse ao trío formado por Souto, Amil e Gomes, para levar aínda un paso máis alá a troula trebónica.

E para proba o tema personalizado que preparan sempre que van a un festival. Sonche a festa en estado puro! 

Segue o festi e segue a tralla brava! Suben os Zënzar ao escenario, que dicir dos padriños do rock galego? Xa os coñecedes sen dúbida. Aínda que o vídeo non lles faga xustiza, soan como unha auténtica máquina de facer rock. Quedades con eles.

Os encargados de pechar foron os Tiro na Testa, un grupo que non temos a ocasión de ver moi habitualmente. Co seu punk lembramos andainas pasadas e grandes troulas da sua xira Ceibe, violento e furtivo Tour, xunto con Soak e Skacha. Pasámolo piruleta, como di o Petetas. Todo un pracer voltar a velos.

Retirada e a durmir que mañá toca estrada de volta ao sur e á rutina. Ata a próxima festa!

TEXTO,FOTOS E VÍDEOS: Martín

Vindeiros concertos

746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
753663618_18441748894193518_4593060451265242323_n.jpg }24 Xul 2026
Festas de Santiago de Sargadelos
Sargadelos (Cervo)
749665296_1045464268240000_6836047754851507265_n.jpg }23 Xul 2026
Festas de Taragoña
Campo Maneiro - Taragoña (Rianxo)
752723784_2443712599441093_8920749392336009056_n.jpg }24 Xul 2026
Festas de Vilaño
Vilaño (A Laracha)
752893382_1036280302657376_2177222606620878482_n.jpg }24 Xul 2026
Festas do Santiaguiño Outes
Outes
740521832_1013279384780583_4038934281077140688_n.jpg }25 Xul 2026
Marola
Xardíns de Herrea - Ferrol
754278553_1716103612843430_6727359131038067171_n.jpg }24 Xul 2026
Morriña Fest
Porto da Coruña - A Coruña
730628634_1297496682589851_8490332913847867951_n.jpg }22 Xul 2026
V Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional
Contorna do Palco da Música - Moaña
746808106_17985340848037914_242627173381165795_n.jpg }25 Xul 2026
X Feira 1900
Curtis
752937780_1041313805265652_5095347317321874142_n.jpg }25 Xul 2026
X Porrigalia
O Porriño