A semana pasada saltou a polémica no Luar. Desde aquela, a guerra das gaitas vive un novo episodio, o primeiro nas redes sociais. Desde o Colectivo en Defensa da Gaita fannos chegar unha nota, arredor da polémica xurdida a pasada semana no Luar da TVG tras a irrupción dunha gaita marcial no concurso Vai de Gaita. O colectivo valora con retranca o acontecido, no interior tedes o texto íntegro da súa nota.

Aquí tedes o comunicado que o colectivo fixo chegar a GZmúsica:

"O venres pasado no concurso de gaita do programa Luar da TVG, Denis Rodríguez, gaiteiro de Verín, compareceu armado cunha gaita marcial ou “marciana”, (un híbrido galaico-escocés inventado polo Señor Foxo, director da Real Banda de gaitas da Deputación de Ourense) tratando de confundir e enganar... mesmo ó xurado deste concurso!! dicindo que era unha gaita galega. O resultado foi unha atinada e ben argumentada reprimenda da gaiteira Susana Seivane, membro do xurado, que lle leu a cartilla e o mandou de volta para a casa. En anos de traballo do Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) por loitar contra esta farsa, nunca puidemos imaxinar unha difusión tal da nosa causa: a posibilidade de ter 15 minutos de reality-show no programa máis visto da TVG, que serviron para denunciar esta infamia que se está a perpetrar dende a Deputación de Ourense..Grazas a Denis, en horario de máxima audiencia, milleiros de televidentes puideron comprobar en directo as diferenzas entre a gaita e o tambor marcial e a gaita e tamboril galegos. Puideron ver a arrogancia dos que, como Denis, foron educados adrede con mentiras e falsos argumentos cuns intereses ocultos que dende hai anos vimos denunciando publicamente.

Grazas, señor Rodríguez, polas máis de 2.000 adhesións (e subindo) en poucos días á causa do CDG en Facebook ("Non á falsa tradición galega na CRTVG"). En agradecemento pola súa imprevisible campaña de difusión, considérese vostede o Socio de Honra nº 2.001, do Colectivo en Defensa da Gaita."

Colectivo en Defensa da Gaita (CDG)

{fcomments}

Vindeiros concertos

724568735_18361787383237107_4547634983398937654_n.jpg }28 Ago 2026
XV Festival da Luz
Boimorto
732116568_18156425500475119_3622611968969926128_n.jpg }28 Ago 2026
A Noite Meiga
Sarria
706188401_18449682028118994_1584780685745276143_n.jpg }27 Ago 2026
Arredas Folk Fest
Tregosa, Barcelos (Portugal)
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
festa-do-viño-do-condado-de-tea-salvaterra-do-miño_img407n1t0.jpg }28 Ago 2026
LXVII Festa do Viño do Condado de Tea
Recinto Amurallado - Salvaterra de Miño
751611516_18056051615773968_5185210131173050853_n.jpg }28 Ago 2026
Ponte Farruca
Laza
759127205_122204784194453137_8179496314855596127_n.jpg }28 Ago 2026
Romaría Santa Margarida
Parque de Santa Margarida - A Coruña
764041119_1675812527881108_4742082824771640887_n.jpg }28 Ago 2026
VilaBlues
Vilanova de Arousa
711656496_122105601309314005_753195632603709615_n.jpg }28 Ago 2026
XXXVII Festa da Istoria
Ribadavia