3.7K
Publicado o 2020-04-02

Canción incluída no libro-disco "O veleiro verde", de María Fumaça (Editorial Galaxia, colección Sonárbore 2019) www.editorialgalaxia.gal/produto/o-veleiro-verde Xa está aquí María Fumaça!! O veleiro verde non é un disco calquera. É unha explosión de cor, un lóstrego de esperanza, unha greta pola que se coa o optimismo dando chimpos de alegría. A mensaxe é clara: temos azos para afrontar a travesía do futuro. O veleiro verde de María Fumaça é moito máis que un veleiro. É un transformador de enerxía. Proba a subir nel e verás como podes cambiar o mundo, desafiar a lei da gravidade e voar a outros universos, onde poder recomezar e habitar un espazo máis leve, máis lúdico e máis humano. Soltamos amarras, despregamos velas e iniciamos a travesía máis fascinante polo mar da liberdade co capitán Ruí e a extensa familia María Fumaça. Desta volta botamos leña á caldeira e subimos un chisco os decibelios, con toda a enerxía, con máis flow, ventos, metais, rock rebelde, co noso “ruiguetón”, e funk, sen esquecer o tradicional, marca da casa. Subide tod@s a bordo!!! Letra: Paxi Dasilva Música: Chus Domínguez Voz solista: Chus Domínguez Video dirixido por Paxi Dasilva Stop Motion por Breogán Sousa e María Selgas

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.