1.1K
Publicado o 2020-04-23

Mamá Cabra é o grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para o público infantil. A súa historia remóntase ao ano 2000, e partiu primeiramente de facer cancións para as clases de Educación musical de Gloria Mosquera, principal fundadora do grupo. A primeira canción naceu na biblioteca do colexio no que estaba Gloria, despois de ler o poema do “Timoteo” de Gloria Sánchez que está no libro “Rimas con letra”. O seu primeiro disco é Cantos Rodados, de dez temas que se baseaban en poemas de autores como Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández e Gloria Sánchez. Moi pouco tempo despois acaban subidos a un escenario e artellando xogos para compartir un momento de ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical. Na actualidade contan xa con un puñado de libros e discos editados cos editorial Galaxia, entre outros: Ola, Ola, la, Cartas que veñen e van, Estación Nadal, A bruxa Discordia, Eu cociño, ti cociñas? E máis recentemente A fraga do meu avó, Un libro sobre o amor pola natureza e polos animais do que resulta o seu último espectáculo.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.