Videoclip realizado cos nenos e nenas da EEI de Verducido - Pontevedra a partir da canción "Pan de millo". Un aplauso moi forte para estes grandes colaboradores! PAN DE MILLO é un libro-disco publicado por Kalandraka, con ilustracións de Dani Padrón. Neste traballo dirixido a público familiar, Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática.