416
Publicado o 2021-04-28

· 'O meu país': canción de Magín Blanco pertencente ó Cd-libro "A nena e o grilo" (OQO Editora - 2010) · Imaxes pertencentes a: 1) Película animada "The Little Prince (2014)" (Direction and Animation: Afroditi Bitzouni / Illustrations: Christos Kourtoglou) 2) Imaxes de arquivo do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI: 'Escolas galegas', 1926 / Bueu, 1929). Grazas a Manolo González por pasarnos as imaxes. Letra 'O meu país' (Magín Blanco): O meu país é tan pequeno que cabe nos ollos dun neno. O meu país nunca remata, por iso non sae nos mapas. O meu país ten ceo azul e unha nube que o atravesa; azul é o mar polo solpor e de nubes as fronteiras. E tamén ten un principiño que vai e vén polos camiños, tratando de recoñecer o que ninguén é quen de ver. O meu país ten homes sabios que andan a contar estrelas, e distintos abecedarios para nomear cada unha delas. E tamén ten un principiño que veu dalgún outro planeta a descifrarnos os segredos que nós levamos nas maletas. O meu país vai cheo de flores agochadas na area da praia. A miña rosa vai xunto a min, vaia donde queira que eu vaia. Créditos: Uxía Senlle: voz Magín Blanco: voz e guitarra Tarci Ávila: teclados

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.