472
Publicado o 2023-12-03

Pakolas presenta xunto á Ramona pequena “Voltar” , canción recollida no LibroQr “A Ramona pequena vai á Lua” (Ed Galaxia Abril de 2023) www.pakolas.com/voltar Toda esta historia comezou cunha nova tan desalentadora á vez que tan común entre as terrícolas: «temos que cambiar a neveira (un gasto mais!)» E diredes, este rockeiro toleou?….pois non, neste novo clip poderedes descubrir en que se transformou a caixa de cartón que contiña tal electrodoméstico para argallar esta nova aventura. As protagonistas son Pakolas, autor da canción «Voltar» e tamén das disparatadas ideas que xorden na súa cabeciña, e alentado pola súa filla Carmela, que indiscutiblemente se converte na artista principal, a nosa Ramona pequena. E a vós que é o que mais vos gusta facer, rapazada?, ademais de rockear?, pois xogar miles e miles de horas. Pois iso fixemos para crear este vídeo, convertir unha simple caixa de cartón en moitas horas de diversión. Como ben sabedes Ramona era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa, espelida, e que conseguiu nada mais e nada menos que alá polo 1967 viaxar ata a Lúa! Pois non dubidedes que iremos ata a Lúa con ela, e tamén como non imos VOLTAR! Subides connosco nesta viaxe espacial? VIDE!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.