2.2K
Publicado o 2015-12-11

Máis información sobre Zaragallada e Banda Migallas: (http://migallas.gal/banda-migallas)Videoclip realizado por Miguel Grandío sobre a canción “O que hai que facer” do disco ZARAGALLADA, de Banda Migallas, editado e distribuído por Inquedanzas Sonoras (http://www.inquedanzas.com) Temos a sorte de vivir nunha terra marabillosa, pero que vai esmorecendo pouco a pouco. É tempo de nos xuntar todas as persoas que cremos no futuro deste país; alzar a mesma voz contra tantas inxustizas que nos arrodean e poñernos mans á obra. E por que non facelo cun aire de troula que nos dea azos para amañar tanta desfeita? ZARAGALLADA é o terceiro disco de Migallas Teatro. Os dous anteriores, “Canta connosco!” e “Pan de millo” estaban dedicados ao público infantil mais, nesta ocasión, dirixímonos principalmente á mocidade e ás persoas adultas. Como o seu nome indica, “Zaragallada” (recheo da empanada) consta de 13 temas con ritmos e contidos moi variados. Podemos escoitar cancións pop, rock, ska, un pasodobre, un tango, unha rumba, un valse, unha nana, unha pandeirada, etc.Parte das cancións naceron no espectáculo de humor “O cantante e as mulleres”, de Migallas Teatro. Moitas das letras tratan cuestións de tipo social aderezadas con humor e retranca e outras son de carácter lírico. A produción artística e os arranxos corren a cargo de Segundo Grandío, que tamén toca o baixo e as guitarras. Davide González Lorenzo toca o acordeón, o saxofón, a frauta, a melódica e fai os coros. Canda eles, intérpretes do prestixio de Leandro Deltell (batería), Paulo Nogueira e Magoia Bodega (percusión tradicional), Maurizzio Polsinelli (piano) e Carmen Gallego (violín) participan en diversos temas.Banda Migallas ten dous espectáculos baseados neste disco:- “Zaragallada” (concerto de música)- “Empanada da casa” (concerto de música e teatro)Letra: “O que hai que facer”, de Banda MigallasDesde Cabo Fisterra ata A Fonsagradae de Estaca de Bares a Calvos de Randínresoa o noso canto, con voz de treboada,enchendo toda a terra con ansias de vivir.Xa se acabou de vez dicir amén,que o pobo é quen goberna e ordena o que convén.Nós somos quen de erguer a nosa voz taméne acordar todos xuntos o que hai que facer.Porque unha terra fértil, fermosa e xenerosanon pode esmorecer por catro lampantíns.Deixemos as xenreiras “pra” unir as nosas forzase que por fin renaza este vello país.Xa se acabou…Queren facernos parvos con míseros contratos:choiar catorce horas e sen as cotizar.E eles, mentres tanto, a pasear no barco,gastando os nosos cartos viven como “rajás”.A eses que non pagan o que todos pagamose teñen as súas contas en paraísos fiscais,e logo din, coitados, que xa non quedan cartos,nin para sanidade nin servizos sociais.O fútbol é a droga que nos dan os que mandane xunto cos programas que din “do corazón”.Non queren que falemos das súas falcatruadas,que nos organicemos para loitar por nós.A eses cans de presa que desde os grandes bancosnos meten un calote “pra” nos hipotecare bótannos á rúa e séguennos cobrando.Son como sambesugas. Non paran de chuchar!A eses desleigados que ao pór unha gravata,como dixo o poeta, esquecen a súa nai,habemos demostrarlles que a lingua que se mamapor moito que a asoballen xa nunca morrerá.A eses señoritos que desde os seus despachosesquecen as parroquias e as xentes do rural.Non saben que o futuro está no noso agroe non no chapapote das rúas da “ciudad”.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.