995
Publicado o 2020-04-07

VIDEOCLIP DAKIDANAO 

Aquí a tedes, family! 

Un proxecto que naceu hai bastante tempo e que, tras moitas voltas, por fin ve a luz. Cremos que é un bo momento para espallar esta mensaxe de unidade e de amor pola liberdade e a vida. 

Con esta canción cos NAO Galiza (gravada, mesturada e masterizada en Pouland Studios polo grandísimo Iago Pico e cun videoclip dirixido por We Are Cinema) defendemos a unión das que loitan coma o mellor xeito de resistir e a colaboración e o apoio mútuo como ferramenta para que a música rebelde galega continúe avanzando e facéndose forte. 

Xa non haberá quen nos pare, somos un pobo de artistas que soñan con se libertar.