1.9K
Publicado o 2020-04-27

Deseqilibrio Mental lanza néstes tempos de confinamento "Desencontro". Adicado a Tod@s v@s, á nosa xente, ós que sempre estivéstes e estades ahí! VÓS SODES DESEQILIBRIO! Edición e montaxe por Miguel Grandío (O Galiñeiro Escuro) Producción musical a cargo de David Varela "Barbas" Convidados especiáis : Markos e Tito "Desencontro" é un vello clásico dos inicios da banda, un tema co que conseguimos moitas e moi boas e fermosas cousas, entre elas acceder ó concurso MUSICA XOVE 2010 no que gañaríamos o primeiro premio na categoría Metal e nos encarrilaría a grabar o primeiro traballo "Con Q sin U" e presentalo ao grande por toda a Xeografía Galega en múltiples salas e festivais do País, sen dúbida un antes e un despois na historia Deseqilibrada. Por outro lado, con éste tema, tamén accederíamos ao concurso Novo Sons da RADIO GALEGA (2011) no que tamén gañaríamos o primeiro premio na categoría Metal, o cal nos levaría a participar no Festival Derramen Rock XVI onde compartimos cartel con tantas e tan boas bandas que admiramos como Ruxe-Ruxe, Boikot, Obrint Pas, Rastreros, Los Suaves, Ojos de Brujo, Def con Dos, Siniestro Total, Lamatumbá, Molotov, Dios Ke Te Crew, Gatillazo, O´Funk´illo, Angelus Apatrida, Escuela de Odio, Berri Txarrak, Avalanch, Lujuria e un largo etc . Un tema que forma parte da nosa historia e que decidimos escoller para éstes tempos difíciles. Para ísto contamos con dúas colaboracións de luxo, o Markos e o Tito, vellos compañeiros de Deseqilibrio. Ánimo e forza xente! Xa queda menos! Axiña poderemos correr e brincar de novo . DESEQILIBRIO MENTAL - DESENCONTRO (V.8 - 2020) Voces principais - Fito / Milio/ Markos / Tito Guitarra Rítmica e coros - Jimmy Guitarra Solista e coros - Barbas Baixo e coros - Piki Batería - Piedra A letra é música de Desencontro foi composta e arranxada por Deseqilibrio Mental .

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.