424
Publicado o 2021-03-20

Teima - Lume e Espiñas (Videoclip oficial) Na honra de todos os afectados pola vaga de incendios forestais en Galicia en 2017, contra as políticas de expolio da nosa natureza. Dirección e montaxe: Pablo Alvite Fotografía: Manuel Rincón Iluminación e foto fixa: Raúl Parga Unha produción de Catro Ghatos Colectivo Audiovisual Gravado e mesturado en Estudios Mafia por Óscar Fernández "Chichi" Agradecementos: Adela Dios, Antía Figueira, Ángela García-Cebada, Pablo José Gómez, Javi Sampedro e Mario Dios. Letra: Confuso e perdido, entre fume e suspiros Fraquean as forzas, mais non abandonas Non hai onde ir, que vai ser de ti? Sen aire no peito, non podes saír Chorar de impotencia, coa morte á espreita Non é unha desgracia, é un negocio, unha estafa O odio alimenta á voz da conciencia O lume non fende os soños da xente Chorar de impotencia, coa morte á espreita Non é unha desgracia, é un negocio, unha estafa Non ves que están queimando a nosa terra e contando os cartos? Un manto gris cubre a terra E eles chorando na nosa miseria Pervive a semente Dun pobo que sinte As bágoas caídas no lume e nas espiñas Chorar de impotencia, coa morte á espreita Non é unha desgracia, é un negocio, unha estafa Non ves que están queimando a nosa terra e contando os cartos? Un manto gris cubre a terra E eles roubando na nosa miseria

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.