Este é o vídeo oficial de Retorno a Tagen Ata, a nosa colaboración con Xosé Luís Méndez Ferrín na que poñemos música á mítica novela homónima de 1971, con narracións do propio autor. Para nós foi unha honra inmensa colaborar cunha das figuras máis importantes das nosas letras, pola que temos unha admiración particular. Mil grazas! Tamén temos que agradecer a inestimable axuda de Oriana Méndez Fuentes, e como non a Brais Gómez Salvador por encargarse de novo do vídeo. Trátase dun playthrough con letra no que interpretamos o tema ao completo nos Estudios Musicales Metrópolis de Vigo. Agardamos que desfrutedes unha milésima parte do que nós desfrutamos facendo este tema! Foi gravado, mesturado e masterizado por Dany Soengas, coñecido por ser membro de bandas tan destacadas coma Atreides ou Skydancer, en DS Audio en Vigo. Non poderiamos ter quedado máis contentos co resultado. Lembrade que tamén esta dispoñible en todas as principais plataformas dixitais! Velaquí as nosas redes: https://www.instagram.com/dioivo_metal/ https://twitter.com/dioivo_metal https://www.facebook.com/dioivo/ https://dioivo.bandcamp.com/ Letra e capítulos: 00:00 I "Todo o bosco brilaba, cunha estreliña en cada folla. Eu camiñaba en dirección da estrada real vella. A Grande Fraga de Tagen Ata era coma unha campán enorme onde resoaba o arruallo do meu corazón. Que emoción fonda a miña, introducíndome na fraga, en percura do meu!" 01:06 II (instrumental) 02:21 III (instrumental) 03:03 IV ROTBAF: Chámome Rotbaf, da ITA do esterior. Veño visitar a Ulm Roan TABERNEIRO DE OK: Silencio! Nin o nome nin as siglas poden ser pronunciadas. Non esiste isa organización. ROTBAF: Débeme levar! TABERNEIRO DE OK: Pode ir soia. Xa non hai que tomar precaución ningunha hoxe en día pra ir onda Ulm Roan! 03:54 V TÍA NATALIA: Pensa que estás en T, Aquí residen os obreiros do arrabaldo do Norte. Eles endexamais poderán apoiar o nacionalismo de Ulm Roan. CONVIDADOS DE NATALIA: Nunca apoiarán, non, o vello xeito de entender Tagen Ata que ten Ulm Roan. Nunca apoiarán, non, o vello xeito de entender Tagen Ata que ten Ulm Roan. 04:45 VI ULM ROAN: Non podo salvar o país! Non podo facer outra cousa que poemas. E salvar as esencias: a fala. Non máis que o casco do grande naufraxio. Son moitos séculos de sombra, Rotbaf. Hai cousas que o esterior iñora. Esqueza a organización. Vivides desconectados do país. Xa non hai máis que acrarar. Xa a ITA se disolveu. E o responsable son eu. Pois Terra Ancha ten xa unha Lei Autonómica que recoñece a Língoa e as obras públicas xa. Xa non hai máis que loitar. Xa non máis resistencia. 06:16 VII "A benevolencia de Terra Ancha pódese vir abaixo. Os cimarróns pódeno desfacer todo", dixo Ulm. "E quen son os cimarróns?" "Os cimarróns son os campesiños que se revoltan e, tras de prantexaren reclamacións imposibles, cometen actos de violencia" ULM ROAN: En contubernio cos obreiros. En contra da xustiza natural. A autonomía vense abaixo, se a Terra Ancha conquiren irritar. Inda non sabes todo. Eles son criminais que adoutaron a bandeira nacional e proclámanse, proclámanse milicia da ITA. Os seus verdadeiros fins son desposueren aos señores naturás e aos propietarios honestísimos das factorías de T, E implantaren por todas partes a anarquía social! Eles son criminais que adoutaron a bandeira nacional e proclámanse, proclámanse milicia da ITA. E os patriotas disolvimos a ITA pra nos presentar cunha face distinta, cunha face distinta ante Terra Ancha. 09:52 VIII "Ulm Roan, estás trabucado, que é a maneira máis académica que atopo pra dicir que es un traidor. Sei que non collerás bon camiño porque fas parte da grea dos poderosos, mesmo lle das beleza e coor aos seus principios. Serás, seredes rebasados. O vento da historia sopla de outro ponto. Adeus pra sempre. Rotbaf" 10:33 IX (instrumental)