435
Publicado o 2022-01-01

Xhamain - "Eterna Soedade" Official Lyric Video. Recorded & Mixed at Kastell von Pahlomen Studio by Rubén Alonso. Mastering by Tony Lindgren (Dimmu Borgir, Opeth, Blind Guardian, Eluveitie...) at Fascination Street (Arch Enemy, Amon Amarth, Sepultura, Moonspell...) Video by Joe Karamanski, Chicago (USA). Lyrics: Sigo os teus pasos Eu estarei onde ti vas Son a túa sombra Escuridade e luz Esa presenza Que sentes antes de espertar Son o misterio Que non podes mirar Un tremor na miña pel Que me fai estremecer Sinto cando vexo o mar Atrapada nun lugar Do que non podo escapar A prisión do meu fogar Son a tormenta Do tempo que deixas pasar Gotas de choiva Que caen polo cristal Ese silencio Que rompe antes de espertar Son o teu medo Á luz do máis alá Abro os ollos ó amencer Sinto que te podo ver Como un soño moi real Mais non estás nin has volver Dende a fría mañá Que marchaches sen mirar atrás Non podo vivir Na eterna soedade Estando lonxe de ti ao teu carón Déixame seguir Eterna soedade E deixa xa de partir o meu corazón Un tremor na miña pel Que me fai estremecer Sinto cando vexo o mar E non estás nin has volver Dende a fría mañá Que marchaches sen mirar atrás Non podo vivir Na eterna soedade Estando lonxe de ti ao teu carón Déixame seguir Eterna soedade E deixa xa de partir o meu corazón

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.