Por fin podemos ensinarvos a nosa nova canción, Hai Sede na Nova Galicia, na que poñemos música ao poema homónimo de Florencio Delgado Gurriarán ? Queda unha semana para o Día das Letras Galegas, no que se homaxea por fin a este poeta valdeorrés, e quixemos comezar a quentar para unha data tan sinalada con esta homenaxe. Agardamos que vos guste! O tema foi gravado, unha vez máis, por Dany Soengas de @Atreides, e o videoclip, veu da man de @YOD Multimedia. Un millón de grazas polo traballazo. Axiña teredes máis novidades do noso novo disco... Velaquí as nosas redes: https://www.instagram.com/dioivo_metal/ https://twitter.com/dioivo_metal https://www.facebook.com/dioivo/ https://dioivo.bandcamp.com/ Letra: Sede nos ermos outeiros e nas poeirentas chairas, nos arpados nopaleiros, e nas enxoitas airas Nas lagúas enlamadas de arneiro xabre cinguidas Sede nas irtas valgadas e nas terras íspidas Sede nas mortas aldeias, nas congostras, nos carreiros e nas queimantes areias dos escoados regueiros Nas árbores desfolladas que erguen, en mudo queixume, súas ponlas estordegadas, fogueiras a arder sen lume Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos, cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida da verde Terra arelada, a das choivas benquerida Sede o coiote ouveante, sede a cobra pezoñenta Sede a iguana cincenta Os carneiros tosquiados, o armentío famento, os pegureiros coitados... Sede, universal tormento! Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos, cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida da verde Terra arelada, a das choivas benquerida, da verde Terra arelada, a das choivas benquerida Da teixa, enrugada terra, do azur, de cote a brilar, do vento ardente que berra, da natureza a esligar! Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos, cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida da verde Terra arelada, a das choivas benquerida Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos, cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida da verde Terra arelada, a das choivas benquerida