"Mestre" é o primeiro videoclip da banda grovense Buxa. Foi realizado en colaboración coa productora @SIRADELLA FILMS para conmemorar o centenario do falecemento do escritor Luís Antonio Mestre, quen tivo unha fonda relación coa vila do Grove. A peza musical é unha composición propia da banda e contén un poema deste autor, “Airiños da miña terra”, escrito no Grove en agosto do ano 1900. O vídeo conta con localizacións en lugares e edificios do Grove significativos na vida de Luis A. Mestre, como a súa casa, a Illa da Toxa ou a Laxe de Raeiros. Buxa quere agradecer a todas as persoas que fixeron posible este traballo, especialmente ó colectivo Torremakers , a Francisco Meis e a Tita e Fred de Siradella Films. CANTARES GALLEGOS “Airiños da miña terra” Pau da terra o meu fungueiro, pau da terra, ten baixado muito lombo forasteiro. ¡Cheira ben teu carabel! Xa sei qu-oxe, miña rula, á fartar bicache n-él. Sabeo ben xa tod-a-xente para rillar n´o creto alleo teñen as meigas bo dente. Reina e d-as rapasiñas, fanlle á croa as volvoretas, fanlle a alfombra as anduriñas- Diante de min non fales, si che-ai criba pr´as mintiras a mina non e das tales. Non che ai mais, vella baldroas, non che ai mais qu´as nosas berzas non che ai mais qu´a nosa broa. ¡Foi xa aquelo!...O qu-oxe importa e atrancar ben a lumeira, e fechar millor á porta. Eu acordocheme ben, feridiña que ti fagas sempre n-a y´alma se ten. Non che pode ser bo agoiro ó de estarche c-o fungueiro repinicando n-o coiro. Caladiño, caladiño, sempre calado, meu vello, que haiche orelas no camiño. Algo alí che pode haber po-lo-buraco da chave muito axexa tua muller. Oxe zsahe á miña nena oxe estrelas, oxe frores oxe mórrense co-a-pena. O Gaiteiro d´a Barrosa (Luís A. Mestre) Laxe d´o Raeiro, Ogrobe 20 de Agosto de 1900