O palismocas é unha canción do grupo Nordés pertencente ao seu segundo álbum Egobarros Namarinos publicado en 1999 e composta por Fuco Vázquez. Esta banda de folk (con moitas influencias do rock) estaba formada por xente da Mariña lucense, de onde é orixinario Mileth, aínda que tamén contaba coa voz da viguesa Almudena Janeiro. Así é que hoxe dende Vigo, dándolle unha virada xeográfica á tixola, Mileth quere render homenaxe a esta senlleira agrupación fancendo bruar de novo este vento nordés coa súa singular forza e sonoridade!
Arranxos por Mileth.
Dana da Carballeira: voz.
Marcos do Relicario: voz, bouzouki, zanfona, pandeireta.
Xacobe do Seixo Branco – Guitarra eléctrica e guitarra clásica.
Xurxo dos Corvais - Guitarra. Luís da Cruz Alta – Baixo (colaboración).
Xurxo das Cornamusas - Frautas.
Bruno da Chumba - Batería.