12
Publicado o 2026-11-19

? «Quero ser», o novo videoclip de A Sombra dos Soños, unha viaxe na que a forza do rock se fusiona coa electrónica e coa tradición musical galega. Incluída no EP «Lembranzas Futuras» (2026), esta canción combina guitarras contundentes, atmosferas electrónicas e a forza ancestral das pandeiretas, nun son que conecta as nosas raíces cunha visión contemporánea do rock. ? O VIDEOCLIP Gravado en Catoira, o videoclip transpórtanos a un universo inspirado na cultura viquinga, onde o lume, a natureza, as antigas fortalezas e un drakkar se converten en protagonistas dunha historia cargada de simbolismo. Unha viaxe visual entre a realidade e a lenda, na que cada imaxe convida a construír a súa propia interpretación. ? REALIZACIÓN AUDIOVISUAL Ferga's Project ? A SOMBRA DOS SOÑOS

  • Jose Carballido
  • Diego Lestón
  • Daniel Añón
  • José Roca
  • Javier Carrión

? AGRADECEMENTOS O noso agradecemento ao Concello de Catoira e á súa Concellería de Cultura pola colaboración e as facilidades ofrecidas durante a gravación deste videoclip. Grazas tamén a todas as persoas que fixeron posible este proxecto. ? Tema incluído no EP «Lembranzas Futuras» (2026). O rock tamén fala galego. Se che gusta, deixa o teu comentario, comparte o videoclip e subscríbete á nosa canle para acompañarnos nesta viaxe.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.