VIDEO Dirección: Rafael de Ramón Herrera Dirección Fotografía: Juan Manuel Grondona Dirección de arte : Sandra Fuentes MÚSICA Arranxos: Momboi e Ángel Morandeira (MaySound) Gravado en: A Ponte dos concertos por Tomás Ageitos Mesturado por: Matías Unruh Masterizado por: Cem Oral (Jammin' Masters) Colaboran: Edelmiro Fernández: Percusión tradicional. Ángel Morandeira: Voces no coro final.
Agora no firmamento non queda estrela só queda o tempo. No firmamento, eu fia que fiarei. Lobiño quédate preto, quédate preto, quédate preto. Que non che teño medo, por iso, lobiño quédate preto. As árbores aínda che lembran, aínda che lembran miña Teresiña. Dende o lonxe aínda che vexo dende o laranxeiro. Agardo miña querida, que alí te sintas coma nun berce e voltes cando ti queiras á túahorta tinguida de verde. Subindo as escaleiras ao ritmo do teu pedal meu paso vin o fio saír pola fiestra e enrolarse nunha estrela. Enrolarse nunha estrela e bailando sempre bailando, O fio vai fiando, a forma da costureira. Lobiño quédate preto, Quédate preto, quédate preto. Que non che teño medo Por iso, lobiño quédate preto.