90
Publicado o 2023-01-25

*Videoclip da canción "Funk salvaxe", rodado nos "Estudios Strazz Music" e realizado por Jose Rojas. *Composta por Brais Morán e gravada nos Abrigueiro Estudios (Friol-Lugo). *Producida por Arturo Vaquero e Brais Morán. *Ca participación especial de Silvana Sestelo, como bailarina. *BANDA NASAUFUNK: - Brais Morán: Voz e Guitarras - Antón Torroncho: Baixo - Fran Castro: Teclados e Sintetizadores. - Manu Seoane: Guitarras - Xabi Cid: Batería *VIDEO: - Dirección: Jose Rojas - Axudante de dirección: Juve Multimedia. FUNK SALVAXE (Brais Morán) Veño do funk salvaxe e dun eclipse que escureceu Veño dun país que aínda non existe onde as fronteiras se levan ben Cada ser que encontro é un futuro de canción traio doutra vida o que o tempo non borrou e busco só un ritmo excitante libre, sen presións Dame o teu funk salvaxe Dame o teu funk Vaiamos sós de viaxe co teu glamour Non fagas a equipaxe, deixa que exista a imaxinación deixa a pantalla do mundo cego que non acabe ca túa ilusión Non che conto a vida pra que saibas onde estou non publico historias para ter máis reaccións buscas un “like” pra ser máis importante, iso é real ou non? Dame o teu funk salvaxe Dame o teu funk Vaiamos sós de viaxe co teu glamour Dame o teu funk salvaxe Dame o teu funk Vaiamos sós de viaxe co teu glamour Dame o teu groove salvaxe Dame o teu groove Bailemos sós toda a tarde Pra ver só a luz!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.