199
Publicado o 2024-04-05

O videoclip de Puro inferno foi gravado na primavera do 2023 na sala Inferno de Bueu, a cal lle agradecemos a cesión espazo e todas as facilidades para realizar o vídeo. Audio e vídeo autoproducido por nos mesmos, sí, a mesmisima Quinkillada! Esperamos que o desfrutedes coma nos.

Letra: Son coma os pementos de Padrón que unhas veces pican e outras veces non, poden levar o inferno no interior pero que sempre che deixan un bo sabor. Non fai falta percorrer os sete mares para atopar a alguén coma min. Ti tiveches moita sorte de atoparme porque eu estou feito para ti. Sonche bo rapaz, de calquera cousa son capaz, cumpro os teus desexos coma unha estrela fugaz. Aínda que vou de festa e bailo cumbias coa orquesta teño dentro un lume que non podes apagar. Son coma os pementos de Padrón que unhas veces pican e outras veces non, poden levar o inferno no interior pero que sempre che deixan un bo sabor. Sempre me atopas de foliada a festa ao meu lado non ten fin. Se queres ser un máis da Quinkillada corazón e mente has de abrir. Saca o tequila, celebremos o porvir, entramos na cantina o dificil é saír. Ghustame a chupeta, vou coma unha pandereta, a vida é un festival, pa' vivila sempre a tope! Son coma os pementos de Padrón que unhas veces pican e outras veces non, poden levar o inferno no interior pero que sempre che deixan un bo sabor. Non deixes que o lume se apague, queda moito por cantar mentres nos queden botellas e historias para contar. Porque…

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.