2.8K
Publicado o 2020-08-03

Nesta entrega #11 as artistas convidadas son Brash e Jess I desde Vigo. Dende o colectivo Yimi You Rek en Vigo, traen esta nova achega para As Verbas da Rúa. Brash publicou a súa primeira colaboración na lingua nai xunto a Subcomandantes en Xaneiro de 2019, “Pugna Clasis”, no mesmo disco podemos atopar outras aportacións ao rap en galego coma “Forxada o lume”. Leva algo máis dun ano colaborando no colectivo Yimi You Rek dende onde continuaremos escoitando as súas próximas cancións en solitario, tocando diferentes xéneros dentro do son urbano e colaboracións coas compas do colectivo. Jess-I é unha cantante de mundo. Encontra o seu estilo ceive e flue dentro de ritmos como o reggae e o dub. Esta é a sua primeira colaboración pública na que volta as raíces chea de inspiración. Este proxecto xorde dende a irmandade e unha mensaxe común no que amosa a sua potencialidade e versatilidade. Letra e voces: Brash + Jess-I Beat: Crudo Means Raw Cámara e vídeo: Nadie Gonzalez Gravación, mestura e master: Lokutor en Yimi You Rek Lembra as nosas redes sociais, onde poderás coñecer mellor aos artistas e a súa actividade

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.