323
Publicado o 2020-10-12

Nesta entrega #12 o noso artista convidado é Alessov baixo un beat de Mr.Mati. Alessov e Mr.Mati son dous dos catro compoñentes do TIAM Gz, un grupo de rap que nace no 2018 na comarca de Chantada. Estes comezan a súa andaina na música no 2018, coa mixtape "Cantigas". Seguindo a evolución, presentan en 2019 os seus sinxelos Akelarre, Entropía e Arabic. Xa no propio 2020, saen á luz Flows da Nada e Sandungueirada, esta última xunto a Julia. Actualmente, atópanse preparando novos proxectos. A súa intención é facer rap combativo a través de diferentes estilos musicais e promover a cultura local. Canle de TiamGZ: https://www.youtube.com/channel/UCvI_... Máis videos de "As Verbas da Rúa" aquí: https://www.youtube.com/playlist?list...

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.