1.5K
Publicado o 2022-05-09

Segundo adianto do EP de Dios Ke Te Crew "En que ano estamos?! coa aparición Especial de Xosé A. Touriñán. CRÉDITOS Vídeo: Dirección: Xaime Miranda DoP: Iago Vilarinho 1st AC: Miguel Sanbréijome Axudante de Dirección: Lucía Ramiro Axudante de Producción: Bea Villar Maquillaxe e perruquería: Iria Parras Vestiario: Laura Soutullo Dirección de Arte: Manuel Miranda Edición e cor: Xaime Miranda VFX Composite: Rubén Arenas Extras: Antón Pedreira, Blanca Louro, Daripovich Overmans, Laura Soutullo, Lola Lombardía, Sonia Lombardía, Xabier Colmeiro Coa colaboración de A Nave de Vidán, Compostela. CRÉDITOS Música: Música: Mou Letras e voces: Dios Ke Te Crew Scratches: Padre Murdock Gravado e mesturado por Mou en Rapapoulo Estudios, Ordes. Mastering: Cem Oral ( Jamming Masters Studios, Berlín.) DKTC SONS © LETRA ORIXINAL: RETROUSO: Coa idade cada vez máis hater, non aturas o buenismo da xente, coa idade cada vez máis odiador, xa non vos soporto e ódiovos con rigor. Coa idade cada vez máis hater, non aturas o buenismo da xente, coa idade cada vez máis odiador, xa non vos soporto e ódiovos con rigor. SOKRAM: Odio, teño o monopolio do odio, non xogues comigo porque estou no podio do hate, o teu ao lado do meu é como un template, asi que coidado co Rei do: Zasca!, zasca!, arcada, arcada, cada vez que vos vexo falando de nada, rifando por todo, dando puta pena e sen ter puta idea do tema, pero… Dándovolas de eminencia, ilustres, mestres, en ignorancia, Paulo-Coelhistas esvaran na pista sen paracaídas para a hostia que era máis que vista… Insista vostede, con toda esa plebe que se cree moi lista pero nunca le, que vota ao fascista que mirou na tele, branqueado polo xornalista que é un pelele. RETROUSO: Coa idade cada vez máis hater... MOU: Cada cada vez cada vez máis hater, puro puro odio coma Darth Vader, son do lado escuro non podes determe, cabo a túa tumba coma o Undertaker. Terra por enriba para o teu mindfullnes, non te equivoques, ti non inflúes, só infundes a tolemia que ti sofres, Mr. Wonderfull, mellor que te retires. Marcas tendencia, ti vas de cool, como Gatocán co coco no cú, co careto de nhú, rézolle a Manitú para que che pechen a canle de YouTube. Ferve, ferve o sangue ao verte, como cando leo un chío de Reverte, escribindo frases que cheiran a peste, pídolle á RAE que che poña en ERTE. RETROUSO: Coa idade cada vez máis hater... JAMAS: Son a maldade mesma con pernas, un prenda de medo, róubolle os carros da compra ás vellas, límpolle a esmola aos cegos. Va-va vacilo tatexos, ós xordos sopro segredos, enredo aos pitoños, achégome e dígolles: “Chosco, segue o meu dedo”. Teño un emporio de repertorio vexatorio descomunal, plusmarquista en rebentar autoestimas profesional. Máis... Cambia de beira de aceira á carreira se Don Negueruela quere pasar, mételle o turbo á cadeira de rodas porque se non voas, vouchas pinchar. RETROUSO: Coa idade cada vez máis hater...

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.