5.9K
Publicado o 2022-10-07

Videoclipe oficial de Fillas de Cassandra - II. LISÍSTRATA (varre vasoira) Letra: Somos distintas das que comezaron na nosa pel gardamos o legado alén das bombas soubemos pararnos: nin sexo, nin carne, nin putos coidados. Non asumimos o voso pecado facedes a guerra cos ollos pechados non recoñecedes nin o propio bando A ACRÓPOLE CANTA: Varre vasoira, vasoira miña, fai moito tempo que non várre-la cociña. Varre vasoira, vasoira miña, fai moito tempo que non várre-la cociña. Varre vasoira, vasoira miña, fai moito tempo que non várre-la cociña. Varre vasoira, vasoira miña, fai moito tempo que non várre-la cociña. Nós que coñecemos o cariz da trampa sempre deseñada para a vosa lei. Deixade de impoñernos todos os vosos coidados esta casa en que habitamos non é o hábitat dun rei e é que unha e outra e outra vez escoitando a vosa merda sen saber por que. Somos as fillas de tódalas que se plantaron e dixeron: QUE QUE QUE! Varre vasoira, vasoira miña, fai moito tempo que non várre-la cociña (x4) Varre, varre, varre vasoiriña Vare, varre, vasoiriña miña A guerra, a guerra, a guerra imos parar A guerra, a guerra, a guerra imos parar. Xa non calaremos máis Non, non, non, non! Xa non calaremos máis Non, non, non, non! Xa non calaremos máis Non, non, non, non, non, non, non! Varre vasoira, vasoira miña, fai moito tempo que non várre-la cociña (x2) Varre, varre, varre vasoiriña Vare, varre, vasoiriña miña A guerra, a guerra, a guerra imos parar A guerra, a guerra, a guerra imos parar Música e idea orixinal: Fillas de Cassandra Gravación e edición: Santiago Iglesias Letra: Fillas de Cassandra Produción: Berto Master: Carlos Hernández Nombela Deseño de maquillaxe: Agar Iglesias Deseño de peiteado: Edis Gómez

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.