"Estival" Adianto do EP "Osos & Pandeiretas" , dispoñible ao completo o 10/03/24 en streaming. Producido e postproducido por DjMil, letra e voz por Jamas (Dios Ke Te Crew). Videoclip/produción por Lucas Terceiro e Paula Cereixo. Letra: Cando sae o sol e non hai unha nube gris... son feliz, sorrir é de gratis. Cando brilla aquela bela estrela ao albor... os seus raios irradian amor. (X2) Hoxe parece que amence bo, no Home Santo o espertador foi un reiseñor; lisco da cama, ispo o pixama, listo para cantar na ducha porque vou na llama. Bermudas, chanclas e hawaiana vai, hoxe hai puro Jamaica Style. Un almorzo wai cas miñas tres nenas, mentres eliximos a praia que nos espera. Temos tantas e tan máxicas... dende as Rías Baixas ata as Rías Altas ata Ribadeo, alá no norte de Lugo, e claro, Costa da Morte , territorio do Roncudo. E case que hai dobrete desta vez, antes de comer A Hermida e logo Valarés, a ver se a o caer o atardecer aflora a beleza embriagadora do mar de Ardora... Agora imos cos preparativos: mudas, toallas, cen mil aperitivos, froitas, manguitos, uns cantos quintos... e para Xela levaremos uns potiños. (cando sae, cando sae, cando sae, sae, sae...) Cando sae o sol e non hai unha nube gris... son feliz, sorrir é de gratis. Cando brilla aquela bela estrela ao albor... os seus raios irradian amor. (X2) Primeiro ímoslle botar ben de crema, non escatimes porque logo te queimas; deixa as queixas, aplica unha canta, Factor 50 como manda a miña Santa. Nos pés da sombra chanto o parasol, engancho a neveira por se non sopra a favor. Nesta toalla de tea collemos catro, vivín en pisos con menos metros cadrados.. Arela xoga na area, recolle as cunchas que trae a marea; a bela Arela do meu desexo, entre as rochas busca cangrexos. E xa tocará un chapuzón, pouco a pouco por mor da dixestión, mollo fronte, pulso, caluga, bandullo, un forte impulso e na auga me mergullo. Non máis, eu só quero estar ca miña familia en calquera lugar, e se pode ser, ben preto do mar... ben preto do mar. (cando sae, cando sae, cando sae, sae, sae...) Cando sae o sol e non hai unha nube gris... son feliz, sorrir é de gratis. Cando brilla aquela bela estrela ao albor... os seus raios irradian amor. (X2)