516
Publicado o 2024-12-12

Dios Ke Te Crew publicará o vindeiro venres 13 de decembro o seu novo sinxelo, Déjà Vu. Trátase do primeiro tema que a formación lanza tras o EP En que ano estamos? (2022), que contén o himno O.G., e o álbum recompilatorio Tremendos Anos 20 (2023), o disco-fanzine publicado fai agora un ano co gallo da celebración das dúas décadas de traxectoria de DKTC. 


O lanzamento de Déjà Vu marca o despegue da banda nunha nova etapa, na que a mítica formación de Ordes, conformada por Mou, Sokram, Jamas e Dj Murdock, regresa ao estudio para ampliar o seu repertorio e ofrecer, de cara ao 2025, unha intensa e potente xira na que percorrerán ducias de escenarios.

Déjà Vu  poderase escoitar nas principais plataformas dixitais a partir das 00.00 horas do venres 13. O sinxelo, que se publicará co selo Raso Estudio e distribuirá a compañía Altafonte, acompañarase dun videoclip. A peza audiovisual contará coa sinatura do realizador Xaime Miranda, quen traballa habitualmente coa formación. Desta quenda presentará un video de estética cinematográfica cunha atmósfera enigmática e atrapante, ateigado de elementos con forte carga simbólica, e que se poderá ver, tamén a partir do venres 13, na canle oficial de DKTC
.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.