García MC @garcia-mc
) #garciamc #permanecesempre #sergiomanuel MANAGEMENT/CONTRATACIÓN Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. +34 986 90 35 09 PRENSA Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. GARCÍA MC RRSS - STREAMING linktr.ee/garciamc MÚSICA García Mc (Letra -autor-, voz -intérprete-, melodía retrouso e raps co-compositor, produción executiva, idea orixinal e coordinación xeral) Peter Petrowski (Beatmaker -compositor-) Carlos Lamosa (Piano e teclados -arreglador-) Iago Pico (Produción musical / -arreglador xeral-, gravación, edición, mestura e masterización en Pouland Studios) VÍDEO Marcos Montiel de Kakum Filmes | Dirección, rodaxe, edición e co-produción. García Mc | Produción, produción executiva e interpretación. Xosé e Alfonso Pexegueiro | Interpretación. Iago Comedeiro | Grafismo. OUTROS CRÉDITOS
- O Deseño Gráfico xeral do tema en RRSS e Plataformas de Streaming (portada do sinxelo) está feito por Iago Comedeiro "Kome"
- Un tema distribuído dixitalmente por Altafonte @Altafonte
- Os Dereitos de Autor da Propiedade Intelectual de este tema son xestionados pola SGAE
- A produción do plan de lanzamento é de todo o equipo de PlayPlan Culttural
AGRADECEMENTOS Música e Vídeo: PlayPlan Cultural, Miguel Matamoro, Marcos Montiel, Familia Xan e Lore, Petrowski, Carlos Lamosa, Iago Pico, Alfonso Pexegueiro Kome e meus pais. --- PlayPlan (Contratación, organización e prensa) ig: @playplan_ 17.01.2025 LETRA - PERMANECE SEMPRE Boto de menos a miña infancia perdida pois é a patria da vida e se abre a ferida e supura a marabilla Deixei atrás a miña estrela e fun descendendo progresivamente cara a Terra Desta volta encarneime nun lugar chamado Santiago de Compostela E alí estaba ela, María do Pilar Magdalena co ventre aberto por cesárea E Manuel o ebanista, o artista da madeira, esperando fora a miña chegada A min pintóuseme a primeira acuarela, con tódolos elementais desta terra galega Quedábame unha misión tan difícil por diante, enfermei ós tres meses gravemente Pero tiña que cumprila, os primeiros momentos de enfermidade, debilidade e silencio Deron lugar á Palabra (mamá / gugutata) e gateando pola casa fun explorando o terreo A ver que pasa, ata conseguir conquistar o espazo e poñerme de pé E así alcancei a verticalidade e comecei a pensar: Quen son os xigantes que nos están a soñar? Boto de menos a miña infancia perdida pois é a patria da vida e se abre a ferida e supura a marabilla Eu era un neno con grande capacidade de escoitar E tiña un mundo interior moi rico, era sensible, agarimoso E sufrín enormemente atoparme un mundo doloroso E durmía co meu oso de peluche, sempre que podía comía chuches Gustábame xogar ás canicas e á peonza, 1, 2, 3, zapatito inglés Diante da nosa casa e cada 20 minutos un coche pasa (apartade!) Subíamos ás árbores, íamos a recoller amoras e tirar petardos polas festas Tamén lembro aquela idade na que me levou miña nai por primeira vez á escola Berraba como porquiño que vai ó matadeiro, sabía o que me esperaba Maltrato no Colexio Castelao, pásoche os nomes por privado Da Directora, do profesor, da profesora e da outra profesora Afortunadamente houbo algún que influíu en que estea aquí agora Na lingua dos avós que temos mortos, polos seus froitos recoñecerédelos. A idade infantil desaparece, a infancia permanece sempre. Boto de menos a miña infancia perdida pois é a patria da vida e se abre a ferida e supura a marabilla Boto de menos a miña infancia perdida pois é a patria da vida e se abre a ferida e supura a marabilla (a marabilla). --- Autor: Sergio M. Regos García (agás: "A idade infantil desaparece, a infancia permanece sempre" un verso de Alfonso Pexegueiro) --- Permanece Sempre é o 3º adianto do que será o novo traballo discográfico de García Mc que levará por título "Sergio Manuel", tratase de unha obra de carácter autobiográfico en pezas ambientadas por septenios.