27
Publicado o 2025-09-24

“Voltarei” é a canción oficial que celebra o regreso do Celta a Europa. Un himno que conecta a historia do club coa de milleiros de galegos e galegas que, nos anos 50 e 60, emigraron a países como Suíza ou Alemaña na procura dun futuro mellor. Nesta colaboración, Hard GZ rende homenaxe a esa memoria colectiva e ao orgullo de Galicia, unindo música urbana, raíces tradicionais e a paixón do celtismo nun mesmo latexar. O título “Voltarei” simboliza a promesa de volver: a dos emigrantes que soñaban con regresar á casa, a do club que volve a Europa, e a dunha afección que nunca abandona ao seu equipo. ?? Somos da Costa. Somos do mar. Creditos: Compositores: Pedro Ruibal (Hard GZ) Marcel Marti Kevin Lisbona Pablo C Ursusson (Sangre de Muerdago) Paula Cabañas Letra: Pedro Ruibal (Hard GZ) Músicos e interpretes: Pedro Ruibal (Hard GZ) Voz Kevin lisbona Guitarra Marcel Marti Sampler Pablo C. Ursusson voz y zanfona (Sangre de Muerdago) Saul Nogareda Cello Xoel Lopez Percusion Carmen Gallego voz y Nyckelharpa Ioana Perez Nuñez Violin Tania Caamaño Liñares voz Juan Alberto Alvarez Gaita Uxia Fernandez Voz Productores; Pedro Ruibal (Hard GZ) Marcel Marti Kevin Lisbona Ingenieros: Ramon Ramirez Roberto Hernandez Video: Sergio Cora Campos (Steel) Responsables Celta campaña "Voltarei":

  • Gael García
  • Nathan Lutch
  • Adrián Santamarina

——————————————— Letra: Visto a cores do ceo vou lonxe traballar se souberas canto che quero non me deixarias marchar canto custa o diñeiro se co tempo teño que pagar volta de novo extranxeiro volta de novo ao fogar (X2) Lento, morro por dentro se non estas sigo escoitando no vento o teu acento, o teu cantar... leva consigo un lamento un segredo gardado no tempo, orgullo que medra no peito somos dacosta somos do mar.. (CAMBIO) Fillos do sal e do monte, petos baleiros fuxen da morte fame en Galicia pura miseria da miña familia (miña familia) fillos do sal e do monte, bocas famentas comen do norte voltar de fronte, a miña casiña a familia que nunca se rompe al horizonte marchan los pobres, van pal acero van pa los barcos pan para el pueblo pan pa la ria pa voltar cuncha chea de cartos as mulleres con dobre papel, criando soiñas no campo viudas de vivos levando o fouciño na man e coidando de tantos entre as nubes, na miña terra choiva, neboa, ceo celeste sangue celta voltar e sentir unha aperta na chaqueta unha foto que pesa non podo esquecer a promesa e deixar que me leve a tristeza sen loitar por manter afouteza mariñeiros, emigrantes pedindolle a virxe do carme que los proteja que no les falte hasta que las manos aguanten pra o navegante, o que esta fora que sigue adiante busca melloras eses de antes son como agora deixan aos fillos ainda que doa... Voltarei, voltarei, voltarei (Voatareieie...) Voltarei, voltarei, voltarei (Voatareieie...) Voltarei, voltarei, voltarei (Voatareieie...) Voltarei, voltarei, voltarei (Voatareieie...) @hardgaliza @sergiosteelgup

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.